Amancio Amaro
![]() Selo de Ajman de 1968. |
|||
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Amancio Amaro Varela | ||
| Nacemento | 16 de outubro de 1939 (73 anos) | ||
| Lugar | A Coruña, Galicia | ||
| Altura | 1,66 m. | ||
| Posición | Centrocampista | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 1954–1958 | Victoria | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1958–1962 | Deportivo da Coruña | ||
| 1962–1976 | Real Madrid | 344 | (119) |
| Selección nacional | |||
| 1962–1974 | España | 42 | (11) |
| Adestrador | |||
| 1976–1977 | Real Madrid (xuvenís) | ||
| 1982–1984 | Castilla | ||
| 1984–1985 | Real Madrid | ||
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Amancio Amaro Varela, nado na Coruña o 17 de outubro de 1939, é un ex futbolista e adestrador de fútbol galego. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española. Foi alcumado como El Brujo pola súa facilidade para realizar caneos inverosímiles.
Índice |
Traxectoria[editar]
Amancio Amaro empezou a súa carreira con quince anos no Victoria CF, e na tempada 1958–59 incorporouse ó Deportivo da Coruña, que daquela militaba na Segunda División. Ó ascender o Deportivo á Primeira División na tempada 1961–62, Amancio empezou a chamar a atención dos olleadores de equipos importantes, entre eles o Real Madrid.
A fichaxe de Amancio polo equipo merengue estivo a piques de non ser levado a cabo, xa que de non ser pola insistencia de Santiago Bernabéu na fichaxe do xogador, a súa astronómica ficha botaría a perder as negociacións.
Xunto con Amancio, no verán de 1962 tamén chegaron ó Real Madrid Ignacio Zoco, Lucien Müller e Yanko Daucik. Nesa época o equipo vivía unha etapa de transición, xa que anos atrás destacara tanto en España como en Europa. Amancio debutou en competición europea fronte ó RSC Anderlecht (3-3 no Estadio Santiago Bernabeu), e en liga fronte ó Real Betis en Sevilla, cun resultado de 2-5.
Como xogador do Real Madrid Amancio acadou a fama internacional, chegando a ser convocado para unha selección mundial, auspiciada pola FIFA.
Amancio vestiu a camisola da selección española en 42 ocasións, debutando ante Romanía. Coa selección Amancio foi partícipe dun dos maiores logros da súa historia, a consecución da Eurocopa de 1964 ó vencer por 2-1 á Unión Soviética.
Retirouse en 1976 e pasou ó corpo técnico do Real Madrid.
Ó retirarse iniciou unha nova etapa no banquillo. Empezou adestrando ós xuvenís do Real Madrid durante unha tempada. Ó rematar adicouse ós seus negocios, sendo recuperado en 1982 por Luis de Carlos, que acababa de gañar as eleccións á presidencia do club.
Amancio fíxose cargo do Real Madrid Castilla, co que conquistou o campionato nacional de Segunda División na súa segunda tempada. Naquel conxunto formouse deportivamente a famosa Quinta del Buitre, composta por Butragueño, Míchel, Sanchís, Martín Vázquez e Pardeza.
Na campaña 1984-85 fíxose cargo do primeiro equipo. Aínda que os resultados acompañaron deixou o posto. Tras unha etapa como informador, deixou o club para incorporarse á firma deportiva Kelme, como delegado e responsable para a área de Madrid.
En xullo de 2000 presentouse como vogal na candidatura á Presidencia e Xunta Directiva do Real Madrid encabezada polo presidente do club, Florentino Pérez, saíndo elixido vogal da xunta. Desde ese posto propiciou a incorporación de ex-xogadores madridistas en distintos postos de responsabilidade do club. A Xunta Directiva do Real Madrid acordou que Amancio Amaro se fixese cargo da organización do Centenario do equipo.
Palmarés[editar]
Club[editar]
- Real Madrid
- Liga de España: 1962–63, 1963–64, 1964–65, 1966–67, 1967–68, 1968–69, 1971–72, 1974–75, 1975–76
- Copa de Europa: 1965–66
- Copa do Rei: 1969–70, 1973–74, 1974–75
Selección[editar]
- España
Indvidual[editar]
- Trofeo Pichichi de Segunda División: 1961–62
- Balón de Ouro: Terceiro posto 1964
- Trofeo Pichichi: 1968–69, 1969–70
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Datos do xogador en bdfutbol.com (en castelán)
- Datos do adestrador en bdfutbol.com (en castelán)
- Historia de Amancio en realmadridfans.org (en castelán)
|
|
|||||||
