Manuel Ferreiro Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Ferreiro Fernández

Manuel Ferreiro Fernández, nado en Saavedra (Begonte) en 1955, é un lingüista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado (1978), graduado (1979) e doutor (1990) en Filoloxía Hispánica (Subs.: Filoloxía Galego-Portuguesa) pola Universidade de Santiago de Compostela. É catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, e é un recoñecido investigador da Lingüística Histórica e Historia da Lingua Galega, nas súas liñas de investigación tamén se inclúe a Ecdótica de textos antigos galegos (medievais, medios e decimonónicos) e a Crítica Textual galego/portuguesa.

Con anterioridade exercera durante varios anos a docencia como Catedrático de Lingua e Literatura Galega no Bacharelato (IES de Elviña, na cidade da Coruña).

Actualmente coordina a Biblioteca-Arquivo 'Francisco Pillado Maior' da Universidade da Coruña, ademais de dirixir a Revista Galega de Filoloxía, publicada pola Área de Filoloxía Galega e Portuguesa (Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística) da Universidade da Coruña.

Obra[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Edicións críticas[editar | editar a fonte]

  • Pondal: Do dandysmo á loucura (Biografia e correspondéncia), Santiago de Compostela, 1991, Edicións Laiovento (304 pp.) ISBN 84-87847-02-1.
  • As cantigas de Rodrigu'Eanes de Vasconcelos. Edición crítica con introdución, notas e glosário, Santiago de Compostela, 1992, Edicións Laiovento (136 pp.) ISBN 84-87847-14-5.
  • Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Volume I: Queixumes dos Pinos. Ed. de..., Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 1995 [Introdución (LXXXIX pp.) + Textos e Variantes (192 pp.) + Notas críticas (134 pp.)] ISBN 84-7824-144-2.
  • Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Volume II: Poemas Impresos. 2001, Ed. de ..., Santiago de Compostela, Sotelo Blanco [Introdución (XIV pp.) + Textos e Variantes (120 pp.) + Notas críticas (214 pp.)] ISBN 84-7824-144-2.
  • Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Volume III: Poemas Manuscritos, 2002, Ed. de ..., Santiago de Compostela, Sotelo Blanco [Introdución (XXII pp.) + Textos e Variantes (251 pp.) + Notas críticas (344 pp.)] ISBN 84-7824-406-9.
  • Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Vol. IV: Os Eoas, 2005, Ed. de M. Ferreiro, Santiago, Sotelo Blanco.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios de investigación[editar | editar a fonte]

No ano 2006 recibe o XXI Premio Antón Losada Diéguez de Investigación pola obra Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Vol. IV: Os Eoas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]