Medalla Castelao
A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.
Foi creada en 1984 [1] e outórgase cada 28 de xuño, coincidindo co regreso dos restos mortais de Castelao a España, en 1984, para ser inhumado no Panteón de Galegos Ilustres, de Santiago de Compostela. Concédese por acordo da Xunta de Galicia, previa proposta das institucións ou entidades galegas, sexa a persoas ou a organismos, coa única condición de que non pode concederse a título póstumo.
Fisicamente, a Medalla Castelao mide 50 mm no seu eixo maior e 36 no menor[2]. Reproduce no anverso a cruz deseñada por Castelao para As cruces de pedra na Galiza, sobre fondo azul, e a lenda "Deus fratesque Gallaeciae"; e no reverso o nome da persoa distinguida e a data de concesión. A medalla vai pendurada cun cordón trenzado en branco e azul.
As Medallas Castelao concédense a un número variable de persoas cada ano.
[editar] Galardoados
[editar] Notas
- ↑ Decreto 170/1984, de 27 de xuño, polo que se crea a Medalla Castelao (DOG nº 230, de 13.12.1984).
- ↑ Pode verse a imaxe da medalla nesta páxina, en ocasión da súa concesión no ano 2003.
- ↑ Decreto 118/2008, de 12 de xuño (DOG nº 116, de 17.06.2008).
- ↑ "García Alén, Tarsy Carballas e Marcos Valcárcel, Medalla Castelao 2009", Vieiros, 11 de xuño de 2009.
- ↑ "Lamazares, Luz Casal e César Antonio Molina recibirán a Medalla Castelao", Vieiros, 4 de xuño de 2010.
- ↑ "Una de las 5 medallas Castelao, para Tojeiro", El Correo Gallego, 4 de xuño de 2011.