Luís Pimentel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luís Benigno Vázquez Fernández
Luís Benigno Vázquez Fernández
Escultura dedicada a Luís Pimentel na Praza Maior de Lugo
Nacemento: 18 de decembro de 1895
Lugo Flag of Galicia.svg Galicia
Falecemento: 13 de febreiro de 1958
Lugo Flag of Galicia.svg Galicia
Lingua: Galego, castelán
Xénero(s): Poesía

Luís Pimentel, nado como Luís Benigno Vázquez Fernández en Lugo o 18 de decembro do 1895 e finado en Lugo o 13 de febreiro de 1958, foi un escritor galego.

Índice

[editar] Biografía

Viviu case toda a súa vida na Praza Maior de Lugo. Estudou Medicina en Santiago de Compostela e, antes de dedicarse á poesía, fixo incursións na pintura e na música. Posteriormente realizou o doutoramento en Madrid, nunha época na que nesta cidade existía un grande ambiente cultural (Lorca, Dalí, Buñuel, Valle-Inclán e Baroja residían daquela na capital do Estado), para voltar xa definitivamente ao seu Lugo natal e exercer alí como médico. No 1927 entra a formar parte da directiva do Círculo das Artes de Lugo e máis tarde consegue unha praza como médico de guarda no Hospital Municipal. Trabou amizade persoal con Ánxel Fole, quen o animaba constantemente a publicar os seus versos, e estableceu correspondencia con outros poetas como Dámaso Alonso ou Vicente Aleixandre.


[editar] Traxectoria

Foi un destacado poeta relacionado coa xeración do 27. Na súa obra apréciase unha síntese de movementos vangardistas de dentro e de fóra da Galiza.

No 1924 publica os seus primeiros poemas na revista Ronsel. Son poemas intimistas e sinxelos, pero moitas veces irónicos e mesmo burlescos. Foi autor de Triscos (Pontevedra: Colección Benito Soto, 1950) e de Sombra do aire na herba (Vigo: Galaxia, 1959) en lingua galega. En castelán escribiu Barco sin luces (Lugo: Celta, 1960), obra póstuma que recolle poemas de 1927. En todos eles as súas propias vivencias son a temática fundamental, ateigadas dunha constante tenrura para todo o fráxil e delicado.

Na súa poesía observamos influencias do modernismo, de ismos vangardistas, do simbolismo francés e do existencialismo de posguerra. Canto á forma, destaca o verso libre, imaxes vangardistas, os paralelismos e as anáforas.

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1990.

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Fernández de la Vega, C. (1983). Vida e poesía de Luís Pimentel, en Pimentel, L. Sombra do aire ne herba. Biblioteca Básica da Cultura Galega. Ed. Galaxia.

[editar] Ligazóns externas


Predecesor:
Celso Emilio Ferreiro
Día das Letras Galegas
1990
Luís Pimentel
Sucesor:
Álvaro Cunqueiro
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas