Avelino Pousa Antelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Avelino Pousa Antelo

Avelino Pousa Antelo, nado en Arzón[1] (A Baña) o 14 de maio de 1914, é un mestre, agrarista, político e escritor galego. É o actual presidente da Fundación Castelao.

Índice

[editar] Traxectoria

Naceu na aldea da súa nai, namentres que seu pai, comerciante itinerante, procedía do Carballiño. Estudou no seminario de Santiago de Compostela cinco anos[2]. Pousa Antelo asitiu o 10 de maio de 1931 ao mitin de promoción galega que se realizou no Teatro Principal de Santiago e no que participaron os principais líderes galeguistas, segundo as súas propias declaracións[3] ese feito, e en especial o discurso de Castelao, marcouno politicamente, achegándose ao galeguismo. Tras saír do seminario ingresou na Escola Normal para realizar estudos de maxisterio, ao tempo que militaba nas Mocedades Galeguistas e comezaba a escribir os seus primeiros artigos para La Voz de Barcala.

[editar] Guerra e posguerra

Avelino Pousa Antelo2.jpg

En 1936 aprobou as oposicións de maxisterio pero a Guerra Civil impediulle que collese praza ao anular o réxime franquista as oposicións. Estudou na Misión Biolóxica de Galicia e desde 1948 dirixiu a Escola Agrícola de Granxa Barreiros, fundada por Antonio Fernández López, na que se organizaba cursiños de formación agropecuaria para mestres do rural. Entre 1955 e 1960 foi mestre e Técnico Agrícola do Laboratorio do Cabido Insular na Orotava en Tenerife[4]. En 1960 traballou brevemente en Galicia para unha empresa de semente ata que obtivo un traballo en Zaragoza como director dunha empresa cooperativa gandeira. En 1970 volve a Galicia como mestre en Pontecesures. Coa caída de Franco, Pousa Antelo sumouse ás iniciativas para revivir o vello Partido Galeguista, e en 1978 participou na constitución do novo Partido Galeguista do que foi elixido secretario xeral e pouco despois presidente ata 1983. Participou na constitución e foi un dos principais artífices do Patronato do Pedrón de Ouro[5].

[editar] Recoñecementos

En 1963 obtén o Premio Xornalístico Ramón Mourente de temas agrarios. Un ano máis tarde, o premio "Luís Sánchez Harguindey", tamén de temas agrarios. A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias outórgalle en 1998 a Insignia de Ouro e Esmalte da Unión de Cooperativas. Foi nomeado Padriño de Honra da primeira promoción de diplomados da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago (1999) e da promoción de 2002 da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense (UVI). En 2000, a Universidade Compostelá outorgoulle a súa Insignia de Ouro.

[editar] Obra en galego

[editar] Ensaio

  • Temas de agricultura , Lugo, edición do autor, 1951.
  • Estudo dunha cooperativa de explotación comunitaria para unha parroquial rural galega, Vigo, Galaxia, 1968.
  • ¿Valen ou non as cooperativas de esplotación comunitaria para o campo galego?, Vigo, Galaxia, 1971.
  • Reforma das estruturas agrarias de Galicia, A Coruña, Cámara de Comercio, 1973.
  • A escola agrícola da granxa Barreiros, Sada, Edicións do Castro, 1988.
  • Fiestra, Santiago de Compostela, Editorial Compostela, 1992.
  • Galicia, tarefa urxente, Barcelona, Sotelo Blanco, 1992.
  • O entroido en Perruscallos, Silleda, 2002.

[editar] Literatura infanto-xuvenil

  • O entroido en Perruscallos, A Estrada, Fervenza, 2002.

[editar] Conversas

  • Conversas con Avelino Pousa Antelo: memorias dun galego inconformista, con X. Amancio Liñares Giraut, Sada, Edicións do Castro, 1991.

[editar] Obras colectivas

[editar] Obra en castelán

[editar] Ensaio

  • Temas de agricultura: contestaciones al cuestionario escolar, Lugo, La Voz de la Verdad.

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Avelino Pousa Antelo. Galeguista, docente, cooperativista, escritor, político e animador cultural, de Valentín Arias, Vigo, Ir Indo, 2004.

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas