Camilo Nogueira Román

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Camilo Nogueira (AELG)-4.jpg

Camilo Nogueira Román, nado o 22 de novembro de 1936 en Lavadores, no daquela concello de Lavadores, é un político e economista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Lavadores, cando aínda era concello de seu, antes de ser integrado no de Vigo, logo da Guerra Civil. Fillo do escultor Camilo Nogueira Martínez (dirixente local do Partido Galeguista) e da modista Teresa Román. Foi xogador de baloncesto co Estudiantes de Vigo en segunda e primeira división, estudou na Escola Industrial de Vigo e pasou polas escolas de Enxeñería Industrial de Bilbao e de Madrid. Tamén cursou a licenciatura de Ciencias Económicas na Universidade de Compostela (1969-1975).

En 1964 entrou a traballar na fábrica viguesa de Citroën como enxeñeiro. Presidiu durante tres anos a Asociación Cultural de Vigo. Formou parte de Galicia Socialista, un grupo que daría orixe ao sindicalismo nacionalista galego e que acabaría fusionándose coa UPG en 1971, Camilo Nogueira queda como militante de base desa formación. Participou nas grandes folgas obreiras de 1972, detido e torturado foi despedido de Citroën,[Cómpre referencia] en 1973 estableceuse en Santiago para traballar en SODIGA.

Contribuíu a fundar a Asemblea Nacional Popular Galega e o Bloque Nacional Popular Galego, presentouse como candidato ao senado por Pontevedra en 1977 pero pouco antes das eleccións abandou a UPG e despois a AN-PG. Tamén estivo implicado na creación do Partido Obreiro Galego (POG) a fins de 1977, que evolucionou cara Esquerda Galega, un partido nacionalista de esquerdas que chegou a acadar un deputado nas Autonómicas de 1981. Nesta época, Nogueira participou na redacción do anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981.

Esquerda Galega fusionouse co Partido Socialista Galego para dar lugar ao PSG-EG que acabaría integrándose no BNG co nome de Unidade Galega en 1995. Nogueira foi candidato do PSG-EG á alcalde de Vigo polo PSG-EG nas eleccións municipais de 1987.

Nogueira foi deputado no Parlamento galego nas lexislaturas 1981-85, 1985-89, 1989-93 e no período 1997-99 da lexislatura 1997-2001, ata que foi elixido deputado no Parlamento europeo (1999-2004), onde falaba en galego reintegrado ou galego-portugués. Na actualidade, Nogueira é membro da Executiva do BNG e responsable de Relacións Internacionais.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • A memoria da nación. O reino de Gallaecia, Vigo, Xerais, 2001.
  • A Terra cantada, Vigo, Xerais, 2006.
  • Europa, o continente pensado, Vigo, Galaxia, 2008.
  • Galiza na Unión, Vigo, Galaxia, 2008.
  • A rota do sol, Santiago, Laiovento, 2011.
  • Para unha crítica do españolismo, Vigo, Xerais, 2012.

Conversas[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • O poder industrial en Galicia, Vigo, Xerais, 1980.
  • O Tratado da Constitución Europea. Visións desde Galiza, A Coruña, Baía Edicións, 2005.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, Ourense, Difusora, 2009.
  • Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, Vigo, Galaxia, 2011.
  • A ollada exterior do nacionalismo galego, Santiago, Fundación Galiza Sempre, 2011.

Premios[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Población y desarrollo económico de Galicia, Santiago, Sodiga, 1977.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Camilo Nogueira Román

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]