Alfredo Conde
| Alfredo Conde Cid | |
|---|---|
| Alfredo Conde nunha conferencia na Estrada (2005) | |
| Nacemento: | 6 de xaneiro de 1945 Allariz |
| Lingua: | Galego Castelán |
| Xénero(s): | Narrativa |
Alfredo Conde Cid, nado en Allariz o 6 de xaneiro de 1945, é un escritor e político galego en lingua galega e máis tarde exclusivamente en lingua castelá.
Índice |
[editar] Traxectoria
Naceu no seo dunha familia galeguista de clase media.[Cómpre referencia] Estudou náutica na Escola Superior de Náutica da Coruña e Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como mariño mercante e tamén como profesor de historia nun colexio privado. Foi deputado no Parlamento Galego como independente no grupo do PSdeG (1981-1993) e conselleiro de cultura con Fernando González Laxe (1987-1990). Foi o primeiro presidente do PEN Clube de Galicia (1990-1991).
A súa primeira obra foi o poemario Mencer de lúas (1968), pero Alfredo Conde é coñecido sobre todo pola súa obra narrativa que comeza en 1974 co libro de relatos Mementos de vivos.
| Predecesor: Alejandrino Fernández Barreiro |
conselleiro de Cultura 1987-1990 |
Sucesor: Daniel Barata Quintas |
[editar] Obra en galego
[editar] Narrativa
- Mementos de vivos (1974, Galaxia).
- Contubernio catro de Tomé S. (1978. Reeditado en 1988 en Sotelo Blanco como O contubernio).
- Come e bebe que o barco é do amo (1979, Akal).
- Breixo (1981, Xerais e 1990, Galaxia).
- Memoria de Noa (1982, Xerais e 1986, Galaxia).
- Xa vai o griffón no vento (1984, Galaxia), Premio Nacional de Narrativa. Traducido a varias linguas.
- Música sacra (1990, Galaxia).
- Sempre me matan (1995, Ir Indo).
- A casa de Adara (1996, Xerais).
- O fácil que é matar (1998, Xerais).
- Memoria do soldado (2002, Sotelo Blanco).
- Romasanta. Memorias incertas do home lobo (2004, Sotelo Blanco).
- Lukumí (2006, Galaxia) [2]
- María das Batallas (2007, Galaxia).
[editar] Poesía
- Mencer de lúas (1968, Galaxia).
[editar] Obras colectivas
- Os novísimos da poesía galega (1973, Akal).
- Contos da xustiza (1991, Ir Indo).
- Polos camiños da literatura: escritores galegos do PEN (1993, Xunta de Galicia/PEN Clube).
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais).
- Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I) (2001, Consello da Cultura Galega).
- Un futuro para a lingua (2002, Xunta de Galicia).
- Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais).
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora).
[editar] Obra en castelán
[editar] Narrativa
- Los otros días (1991).
- Cubita, la bella (1992, El Correo Gallego).
- Azul cobalto. Historia posible del Marqués de Sargadelos (2001, Edhasa).
- María de las batallas (2008).
- Huesos de santo (2010).
[editar] Premios pola súa obra en galego
- Premio da Crítica Española no 1981, por Breixo.
- Premio da Crítica de Galicia de Creación Literario no 1982, por Breixo.
- Premio Chitón de novela no 1983, por Memoria de Noa.
- Premio Ícaro no 1983, por Memoria de Noa.
- Premio Blanco Amor no 1984, por Xa vai o griffón no vento.
- Premio da Crítica Española no 1984, por Xa vai o griffón no vento.
- Premio Ginzane Cavour de Turín á mellor novela estranxeira, por Xa vai o griffón no vento.
- Premio Nacional de Narrativa no 1986, por Xa vai o griffón no vento.
[editar] Premios pola súa obra en castelán
- Premio Nadal no 1991, por Los otros días.