Xosé Ramón Fernández-Oxea
Xosé Ramón Fernández-Oxea, tamén coñecido como Ben-Cho-Shey ou Xan Fouciño, nado en Ourense en 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Foi destinado a Marrocos onde adoptou o seudónimo de Ben-Cho-Shey para asinar as crónicas de guerra que enviaba ao diario ourensán La Zarpa. Estes textos, posteriores ao Desastre de Annual de 1921, foron logo recompilados e publicados co título de Crónicas de Marruecos: tras la Rota de Annual.
A finais dos anos 20 viaxou por Francia, Bélxica e Holanda pensionado polas deputacións galegas para perfeccionar a súa formación pedagóxica. Alí comprobou de primeira man o emprego de novas metodoloxías e apreciou a realidade socio-lingüística daqueles países, o que o levará a reflexionar sobre a necesidade da presenza da lingua galega no ensino primario.
En 1928 ingresou no Seminario de Estudos Galegos e foi presidente do Partido Galeguista en Lugo.
Proseguiu os seus estudos na Escola Superior de Maxisterio de Madrid. Era inspector de ensino ao comezo da Guerra Civil e as novas autoridades suspendérono nas súas funcións en agosto de 1936. A Real Academia Galega nomeouno membro en 1943.
Despois da Guerra Civil viviu en Madrid. Desde alí impulsou numerosas iniciativas culturais a prol de Galiza. Participou activamente no Centro Galego daquela cidade mesmo impartindo conferencias en lingua galega, actitude insólita naquel tempo. Así, en novembro de 1952, disertou sobre a vida e obra do polígrafo ourensán Arturo Vázquez Núñez no centenario do seu nacemento. No 1981 foi nomeado membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Humorista e literato, é moi coñecido pola maior recolleita feita nunca sobre o barallete, a fala dos afiadores, e mais polo seu epitafio, localizado no cemiterio de San Francisco, en Ourense:
Obra en galego [editar]
Ensaio [editar]
- O baldaquino en Galicia denantes do arte barroco, 1930 (en colaboración con Xosé Filgueira Valverde).
- Arturo Vázquez Núñez e o seu tempo, 1952, Edicións Monterrei.
- Santa Marta de Moreiras. Monografía dunha parroquia ourensán (1925-1935), 1968, Edicións Castrelos.
- Catón galego, 1969 (escrito na súa maior parte en 1936).
- Galicia no corazón, 1977, Edicións do Castro (escolma de artigos).
- O barallete, 1977, Edicións Castrelos.
- Escudos de Lugo, 1979, Celta.
- O entroido en Galicia, 1986, La Región.
Poesía [editar]
Narrativa [editar]
Edicións [editar]
- Cancioneiro e refraneiro de Corme, 1951, Madrid.
- As cartas de Galicia de Prosper Henri-Devos, 1968, Galaxia.
Obra en castelán [editar]
Ensaio [editar]
- Crónicas de Marruecos: tras la rota de Annual, 1985, Sotelo Blanco.
Notas [editar]
- ↑ Páx.14 de Galicia no corazón. Ediciós do Castro