Margarita Ledo Andión

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Margarita Ledo Andión, nada en Castro de Rei o 5 de febreiro de 1951, é unha xornalista, escritora e cineasta galega.

Índice

[editar] Traxectoria

Estudou na Universidade de Santiago de Compostela Filosofía e Letras, carreira que non rematou. Polas súas actividades nacionalistas estivo exiliada en Portugal (1974-1976), onde traballou como lectora de galego na Universidade de Letras de Porto. Titulouse en Xornalismo en Barcelona. Foi directora do semanario A Nosa Terra entre 1977 e 1980 e realizou numerosas investigacións sobre a prensa galega. Foi profesora da Universidade Autónoma de Barcelona (1983-1991) e profesora da Facultade de Ciencias da Información da USC desde 1991.

En 2004 dirixe a súa primeira longametraxe documental, Santa Liberdade (sobre o secuestro do buque Santa María polo Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación en 1961, que rebautizaron como Santa Libertade), ao que seguen outros.

En marzo de 2008 é seleccionada para ser membro da Real Academia Galega, e en maio dese mesmo ano recibiu o Premio Nacional de Cine e audiovisual, correspondente ós Premios Nacionais da Cultura Galega.

Ingresou na RAG o 7 de febreiro do 2009.

[editar] Obra literaria

[editar] Poesía

  • Parolar cun eu, cun intre, con inseuto (1970).*O corvo érguese cedo (1973).
  • Linguas mortas : serial radiofónico (1989), con fotografías de Anna Turbau.

[editar] Narrativa

  • Mama-fé (1983), relatos.
  • Trasalba ou Violeta e o militar morto (1985), novela.
  • Porta blindada (1990), novela.
  • Historias como Barcelona (1991).

[editar] En volumes colectivos

  • "Vía Durruti, ano trinta e seis", en Caderno de viaxe (1989).
  • "Interior do mundo", en Sede Central. Relatos 2 (1990).
  • "Renda do muro" en Contos eróticos / elas (1990).

[editar] Ensaio

  • Prensa e galeguismo (1982).
  • Foto-xoc e xornalismo de crise (1988).
  • O diario postelevisivo (1993).
  • Documentalismo fotográfico contemporáneo (1994).
  • Documentalismo fotográfico : éxodos e identidad (1998).
  • Del Cine-Ojo a Dogma 95 : paseo por el amor y la muerte del cinematógrafo documental (2003).
  • Cine de fotógrafos (2005).
  • Comunicación local no espazo lusófono (2007).

[editar] Filmografía

[editar] Como directora

  • Santa Liberdade (2004).
  • Hai que botalos (2005).
  • Liste, pronunciado Líster (2007).


[editar] Como produtora

  • CCCV (Cine Clube Carlos Varela) (2005)

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Outras linguas