Pseudónimo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un pseudónimo (do grego "seudonemos", falso nome; de "seudos", mentira, falsedad e "onoma", nome ) é un nome que alguén escolle para substituír o seu propio, porque non quere ou non lle convén usalo. É moi común entre escritores.
Tamén resulta moi común na informática, para identificar á persoa que está detrás dun ordenador, deste xeito, podemos identificala máis facilmente que pola súa dirección IP, aínda que nestes casos normalmente adóitase utilizar o anglicismo de "Nick" ("Nickname" en inglés).
[editar] Pseudónimos máis coñecidos
| Pseudónimo | Nome real | Datos biográficos |
|---|---|---|
| Alejandro del Valle | Beremundo Rodríguez González | escritor |
| Alonso de Goián | Eliseo Alonso Rodríguez | escritor |
| Arístides Silveira | Celso Emilio Ferreiro | escritor |
| Asieumedre | Manuel Lugrís Freire | escritor |
| Avilés de Taramancos | Xosé Antón Avilés Vinagre | escritor |
| Ben-Cho-Shey | Xosé Ramón Fernández-Oxea | |
| Heriberto Bens | Xosé Luís Méndez Ferrín | escritor |
| Samuel Bolín | Carmen Morales e José Luis Velasco | |
| Celso de Baión | Xosé María Álvarez Blázquez | escritor |
| Fígaro (entre outros) | Mariano José de Larra | |
| Foucellas | Benigno Andrade García | |
| O Fresco | Manuel González Fresco | |
| Joaquim Fariña | Xesús Franco González | escritor |
| Ken Keirades | Manuel García Barros | escritor |
| Pablo Neruda | Neftalí Ricardo Reyes | poeta |
| Rubén Darío | Félix Rubén García Sarmiento | |
| Teresa de la Parra | Ana Teresa Parra Sanojo | |
| A Pasionaria | Dolores Ibárruri | política comunista |
| Seisdedos | Curro Cruz | |
| Vernon Sullivan | Boris Vian |

