Ana Romaní
Ana Romaní, nada en Noia o 5 de agosto de 1962, é unha poeta e xornalista cultural.
Índice |
[editar] Traxectoria
Foi actriz de dobraxe entre 1985 e 1989. En 1988 realiza con Chema Gagino o programa A Viborona en RNE-Radio Catro. En 1989 incorpórase á Radio Galega. Desde 1990 dirixe nesta emisora o programa Diario Cultural, de emisión diaria. Promove o libro-cd Narradio. 56 historias no ar, e desde o ano 2007 o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.
Funda con Antón Lopo o Laboratorio de Indagacións Poéticas, no que crean os espectáculos Ó outro extremo do paraíso (1997) e Lob*s (1999) e coordinan A Boca Aberta. 1ª madrugada galega de espectaculos poeticos (2001). No ano 2002 realiza o recital Catro poetas suicidas. Intervención poética contra a levidade e A voz e o poema. Os periplos de Avilés de Taramancos, con Anxo Quintela.
Participou na creación da revista Festa da Palabra Silenciada e na da asociación Mulleres Galegas na Comunicación. Elabora con outras autoras o estudo Muller e Medios de Comunicación. Imaxe e Protagonismo. Forma parte da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega.
Participou na creación da Asociación Cultural Catavento de Noia (1983) e da revista artesanal Carabela de Xiada (Noia, 1983).
[editar] Obra
[editar] Poesía
- Palabra de mar, 1987, edición da autora, Santiago.
- Das últimas mareas, 1994, Espiral Maior.
- Arden, 1998, Espiral Maior.
- Love me tender. 24 pezas mínimas para unha caixa de música, 2005, Concello de Santiago.
- Estremas, 2010, Galaxia.
[editar] Literatura infanto-xuvenil
- Marmelada de amoras, 1997, Colección Nova 33.
[editar] Edicións
- Antoloxía, de Antón Avilés de Taramancos, 2003.
- Coordinou o volume de relatos Narradio. 56 historias no ar (2003), promovido polo Diario Cultural, publicado en Xerais.
[editar] Obras colectivas
- VII Festival da Poesia no Condado, 1987, S. C. D. Condado.
- Festa da Palabra. An Anthology of Contemporany Galician Women Poets, 1988, American University Studies. A cargo de Kathleen N. March.
- Queimar as meigas (Galicia: 50 años de poesía de mujer), 1988, Editorial Torremozas, Madrid.
- Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), 1990, Edicións do Castro.
- XIII Festival da Poesia no Condado, 1993, S. C. D. Condado.
- Oito e médio, 1993, Edicións do Dragón.
- XIV Festival da Poesia no Condado, 1994, S. C. D. Condado.
- Chineses, 1996, O Correo Galego.
- Construír a paz, 1996, Xerais.
- Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas, 1997, Fundación Rosalía de Castro.
- Para saír do século: nova proposta poética, 1997, Xerais. Edición de Teresa Seara e Luciano Rodríguez.
- Alguén agarda que volva alí, 1998.
- Mulher a fazer vento, 1998, Edições Tema.
- Novas voces da poesía galega: recital, 2000, Consello da Cultura Galega.
- A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, 2003, Tris Tram. Por Arturo Casas.
- The EmLit Project. European Minority Literatures in Translation, 2003, Brunel University Press, London.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais.
- Son de poesia, 2005, Edições Fluviais, Lisboa. Editado por Xoán Carlos Domínguez Alberte.
- X. Espazo para un signo, 2005, Xerais.
- Amor en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración dos 80, 2006, Baía Edicións. Edición de Maximino Cacheiro Varela.
- Cartafol poético para Alexandre Bóveda, 2006, Espiral Maior.
- Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero, 2006, Espiral Maior/Xunta de Galicia.
- 20 Gedichte aus Galicien, 2007, Espiral Maior-Xunta de Galicia.
- Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000, 2008, Universidade da Coruña.
- Poetes gallecs d´avui (antologia), 2008, Llibres del segle.
- Poetas con Rosalía. V, 2010, Fundación Rosalía de Castro.
- To The Winds Our Sails, 2010, Salmon Poetry. Tradución do galego ao inglés.
- XXV Festival da Poesia no Condado. Sem as mulheres nom há revoluçom, 2011, S. C. D. Condado.
- Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
[editar] Premios
- Premio Xerais á cooperación no labor cultural no 1999.
- Premio San Martiño á Normalización Lingüística e Cultural no 2000.
- Premio da AELG no 2007, ao Diario Cultural.
- Premio ao Fomento da Lectura na modalidade de radio da Federación de Gremios de Editores de España no 2007, ao Diario Cultural.
- Premio Atlántida á xornalista radiofónica do Gremi de Editors de Catalunya no 2008.
- Premio de honra Marisa Soto da Asociación de Actores e Actrices de Galicia no 2009.
- Premio á Traxectoria Xornalistica da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2009.
- Premio Ánxel Casal ao libro de poesía, dos premios da Edición da Asociación Galega de Editores, no 2010, por Estremas.
- Premio da AELG de poesía no 2011, por Estremas.
- Premio da Crítica Galicia de Creación literaria no 2011, por Estremas.
- Premio Xiria da Mostra de Teatro Cómico Festivo de Cangas no 2011.
[editar] Proxectos artísticos
- O Son da Pedra de Milladoiro.
- Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once poetas galegas da Fundación Rosalía de Castro.
- Son delas, coordinado por Uxía Senlle.
- Ó outro extremo do paraíso, 1997, con Antón Lopo.
- Lob*s, 1999, con Antón Lopo.
- Arden e Lisboa, 2000, con Rodrigo Romaní.
- Estalactitas (2002) con Anxos Romero e Lupe Gómez.
- Catro poetas suicidas. Intervención poética contra a levidade (2002), en solitario.
- A voz e o poema. Os periplos de Avilés de Taramancos con Anxo Quintela.
[editar] Vida persoal
É irmá do músico Rodrigo Romaní.