Rafael Dieste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rafael Francisco Antonio Olegario Dieste Gonçalves
Rafael Francisco Antonio Olegario Dieste Gonçalves
Placa na casa de Rafael Dieste, en Rianxo]]
Nacemento: 29 de xaneiro de 1899
Rianxo Flag of Galicia.svg Galicia
Falecemento: 15 de outubro de 1981
Santiago de Compostela Flag of Galicia.svg Galicia
Lingua: Galego, castelán
Xénero(s): contos, teatro

Rafael Francisco Antonio Olegario Dieste Gonçalves, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1899 e finado en Santiago de Compostela o 15 de outubro de 1981, foi un escritor galego que pertenceu á chamada Xeración de 1925. Cos seus contos e pezas de teatro, entre as que destacan A fiestra Valdeira e Dos arquivos do Trasno, tentou modernizar o sistema literario galego afastándoo do ruralismo. A el se atribúe en boa parte a creación do denominado Teatro Nacional Galego[1].

Índice

[editar] Traxectoria

Con quince anos matriculouse na Escola Normal de Compostela, mais interrompeu os seus estudios para viaxar a México, onde moraba un irmán seu. De regreso a Rianxo iniciou a súa relación coa literatura da man de Manuel Antonio. Ambos os dous entraron en contacto co federalismo e o nacionalismo a través de Vicente Risco.

Entre 1921 e 1923 debeu facer o servizo militar na Guerra de Marrocos. De regreso á Galiza, rematou a carreira de xornalismo e colaborou en varios xornais de Vigo, como Faro de Vigo, Galicia e El Pueblo Gallego. En 1926 recolleu oito relatos xa publicados en Dos arquivos do trasno. Coa súa lectura ingresou, en 1927, no Seminario de Estudos Galegos.

Dieste publicou artigos en El Pueblo Gallego.

Dieste formou parte dunha nova xeración que se debateu entre a dedicación á causa galega e o desexo dun triunfo persoal máis amplo nas letras españolas. Así, en 1932 trasladouse a Madrid para iniciar a súa carreira como escritor. Foi animador nas Misións Pedagóxicas, e en 1933 encabezou a misión que visitou Galiza. O Alzamento Nacional sorprendeuno en Madrid traballando nas Misións Pedagóxicas.

Durante a Guerra Civil española de 1936 formou parte da Alianza de Intelectuais Antifascistas promovida polos comunistas e foi un dos seus responsables da súa revista literaria, El Mono Azul, colaborou tamén na revista Nova Galiza. Foi nomeado director do Teatro Español formando unha compañía con actores en paro. Seguiu a retirada republicana a Valencia en novembro de 1936 onde participa na fundación da revista literaria Hora de España e Barcelona a fins de 1937 e recibe o encargo de Castelao de dirixir Nova Galiza, en 1939 ingresou no Exército do leste como comisario e participou na elaboración de El Combatiente del Este, finalmente exiliouse coa caída de Cataluña. Despois de breves estadías en Francia, Rotterdam e Uruguai, estableceuse en Bos Aires, onde traballou como director literario na Editora Atlántica. En 1948, viaxou por Europa como comisionado do Museo Nacional de Artes Plásticas de Montevideo, e aceptou un posto de lector de Lingua e Literatura Españolas na Universidade de Cambridge até 1952, ao que seguiría outro lectorado no Instituto Tecnolóxico de Estudios Superiores de Monterrei. En 1954 regresou a Bos Aires e á Editorial Atlántida, na que aparecereu a versión definitiva de A fiestra valdeira (1958).

Monumento ao escritor na súa vila natal, Rianxo.

En 1961 regresou a Rianxo e, un ano despois, publicou en Galaxia unha reedición de Dos Arquivos do Trasno, ampliando o número de contos. A mediados desa década instalouse na Coruña e en 1970 ingresou na Real Academia Galega como membro de número co discurso "A vontade de estilo na fala popular". Colaborou en diversas publicacións e foi requirido para participar en conferencias, homenaxes e mesas redondas. As súas intervencións nestes actos públicos foron recollidas no libro póstumo Encontros e vieiros (1990). En 1977 asinou o "Manifesto dos 29", reclamando o autogoberno para Galiza.

Poucos meses antes da súa morte apareceu o volume Antre a terra e o ceo, que recolle artigos dos anos vinte publicados en El Pueblo Gallego. Foi nomeado Membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 1981.

Dedicóuselle do Día das Letras Galegas de 1995.

[editar] Obra en galego

[editar] Narrativa

[editar] Teatro

[editar] Ensaio

  • A vontade de estilo na fala popular (1971, Edicións do Castro).
  • Antre a terra e o ceo (1981, Edicións do Castro).
  • Encontros e vieiros (1990, Edicións do Castro).
  • Fragua íntima (1991, Sociedade de Cultura Valle-Inclán).
  • Textos e crítica de arte (1995, A Nosa Terra).

[editar] Obra en castelán

  • Juan de Luz (1929)
  • Rojo farol amante (1933)
  • Quebranto de doña Luparia y otras farsas (1934)
  • La vieja piel del mundo (1936)
  • Promesa del viejo y la doncella (1938)
  • De cómo vino al mundo Félix Muriel (1942)
  • Historias e invenciones de Félix Muriel (1943)
  • Viaje, duelo y perdición (1945)
  • Luchas con el desconfiado (1948)
  • Nuevo tratado del paralelismo (1955)
  • Pequeña clave ortográfica (1956)
  • Diálogo de Manuel y David (1965)
  • ¿Qué es un axioma? (1967)
  • Testamento geométrico (1975)
  • Viaje, duelo y perdición: tragedia, humorada y comedia (1979)
  • El alma y el espejo (1981)

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

[editar] Ligazóns externas


Predecesor:
Luis Seoane
Día das Letras Galegas
1995
Rafael Dieste
Sucesor:
Xesús Ferro Couselo
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas