Gonzalo Brañas Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGonzalo Brañas Fernández
Biografía
Nacemento17 de decembro de 1866 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de agosto de 1948 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfísico Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiGonzalo Brañas Sánchez-Boado Editar o valor em Wikidata
IrmánsCelia Brañas Editar o valor em Wikidata

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948[1], foi un físico e inventor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Gonzalo Brañas Sánchez-Boado. Fixo o Bacharelato no Instituto da Coruña. Estudou o preparatorio en Santiago de Compostela e licenciouse en Ciencias en Madrid en 1895, doutorándose co traballo Estudio de las radiaciones herzianas. Volveu a Coruña, onde deus clases no Instituto como substituto. Na Coruña fundou e dirixiu o primeiro gabinete radiográfico e radioscópico da cidade (1899). Foi catedrático de Física e Química en Oviedo (1903) e despois na Coruña. En 1923 pasou unha temporada en Francia, grazas a unha bolsa da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas. Foi presidente da Sección de Ciencias do Instituto de Estudos Galegos e do Padroado de Formación Profesional.

Entre os seus inventos atópase un aparello para a inscrición automática das variacións do magnetismo terrestre e un receptor radiotelegráfico. Autor de varios traballos sobre radiotelefonía e magnetismo terrestre. Ingresou na Real Academia Galega o 27 de xullo de 1941.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Registro de las señales hertzianas a grandes distancias (Separata da Revista de la Academia de Ciencias), 1916.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É irmán da tamén científica Celia Brañas Fernández.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bescansa Aler, D. (1946-1950). "Don Gonzalo Brañas Fernández". Boletín da Real Academia Galega (289-293): 145-149. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2023. Consultado o 17 de agosto de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]