Carlos Quiroga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos Quiroga
Biografía
Nacemento9 de maio de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
O Saviñao, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalFiloloxía galego-portuguesa
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNarrativa, poesía e teatro
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsXabier Quiroga Editar o valor em Wikidata

AELG: 71 Dialnet: 1809368

José Carlos Quiroga Díaz, nado en Escairón (O Saviñao) o 9 de maio de 1961, é un escritor e lingüista galego, irmán xemelgo do tamén escritor Xabier Quiroga.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entrevista en Nós Televisión

Doutor en Filoloxía Galego-portuguesa, foi bolseiro de investigación da Fundação Calouste Gulbenkian (1991-1992), do actual Instituto Camões (1992-1993), e da Universittà Italiana per Stranieri (1983). Antes de traballar na Universidade de Santiago de Compostela, onde é profesor de literaturas lusófonas, foi o primeiro docente de portugués nunha Escola Oficial de Idiomas de Galiza[1]

Fundou e dirixiu a revista O Mono da Tinta, de 1987 a 1991. Durante varios anos foi director da revista de ciencias sociais e humanidades Agália. Foi un dos fundadores do proxecto editorial Letras de Cal. O Diário de Notícias portugués incluíu o seu libro Inxalá nunha colección de clásicos literarios universais.[2]

Ademais de profesor na USC,[3] é membro da dirección da Asociación de Escritores en Lingua Galega e tamén da Associaçom Galega da Língua.

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • G.O.N.G. -mais de vinte poemas globais e um prefácio esperançado (1999). Fundaçom Artábria.
  • A Espera Crepuscular (2002). Quasi Edições/Laiovento.
  • O Regresso a Arder (2005). Quasi Edições/AGAL.

Narrativa[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Il Castello nello Stagno di Antela - O Castelo da Lagoa de Antela (2004).[5]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • XVIII Festival da Poesia do Condado (S. C. D. Condado, 2004).
  • O Crânio de Castelao (Através, 2013).
  • Desassossego (Mombak, 2014).
  • O Dia da Toalha na Galiza (Através, 2014).

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio da Mostra de Teatro Infantil de Ferrolterra no 1988, por O Castelo da Lagoa.
  • Premio Carvalho Calero de narrativa no 1998, por Periferias.
  • Premio Carvalho Calero de narrativa no 2005, por Inxalá.
  • XXV Premio Vicente Risco das Ciencias Sociais en 2021 coa obra titulada A costela galega de Eça de Queirós.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. PGL Arquivado 16 de abril de 2015 en Wayback Machine., consultado o 11 de xaneiro de 2011.
  2. Carlos Quiroga na Biblioteca de Verão Arquivado 18/10/2019, en Wayback Machine., Diário de Notícias, 26/07/2010
  3. "Horario del profesor - Facultad de Filología - USC". www.usc.es. Consultado o 2020-05-09. 
  4. "Las raíces gallegas de Pessoa". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-03-25. Consultado o 2020-05-09. 
  5. Premio de Teatro infantil na Mostra de Ferrolterra en 1988, publicado en Italia en galego e italiano
  6. Diario, Nós. "O escritor Carlos Quiroga faise co Vicente Risco de Ciencias Sociais". Nós Diario. Consultado o 2021-05-25. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]