Domingo García-Sabell
Domingo García-Sabell Rivas, nado o 8 de outubro de 1909 en Santiago de Compostela e finado o 5 de agosto de 2003 na Coruña, foi un médico, escritor, político e académico galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Era fillo dun procurador de tribunais. Estudou medicina en Santiago e Madrid. Alí foi membro da Federación Universitaria Escolar (FUE), onde coincidiu con Rafael Dieste, Carlos Maside, Ánxel Fole e Luís Seoane. Como intelectual e médico fixo amizade con xente como Castelao, Novoa Santos, Miguel de Unamuno, Valle-Inclán ou Gonzalo Torrente Ballester, de quen foi médico.
En 1936 afiliouse ó Partido Galeguista, razón pola que ó comezar a Guerra civil española foi internado un tempo no campo de concentración de Lavacolla. Ó acabar a guerra foi depurado, e tivo que dedicarse á medicina privada. Contactou co galeguismo cultural, e en 1950 convértese en director da Editorial Galaxia xunto a Ramón Piñeiro.
Teresa García-Sabell Tormo, a súa filla maior, foi a primeira esposa de Xosé Manuel Beiras. Nas Eleccións Xerais 1977 en España foi elixido senador por designación real. Entre 1979 e 1997 foi presidente da Real Academia Galega e delegado do goberno en Galiza entre 1981 e 1996 (presentando a súa dimisión dous días antes de converterse José María Aznar en presidente do goberno). Traduciu ó galego a Heidegger e máis a James Joyce.
| Predecesor: cargo de nova creación |
delegado do goberno en Galicia 1981-1996 |
Sucesor: Juan Miguel Diz Guedes |
| Predecesor: Sebastián Martínez-Risco |
presidente da RAG 1987-1997 |
Sucesor: Francisco Fernández del Riego |
Obras [editar]
- Notas para una antropología del hombre gallego (1966)
- Tres síntomas de Europa: Joyce, Van Gogh y Sartre (Revista de Occidente, 1968)
- A pintura como comunicación (1971)
- Ensaios I (1963-1976). Inclúe os ensaios "Análise existencial do home galego enfermo", "James Joyce e a loita pola comunicación total", "Notas sobre a fame galega" e "Van Gogh e a dimensión antropolóxica da Pintura Contemporánea".
- Ensaios II (1976)
- Os gromos do pensamento (1996)
- Libro dos comentos (1996)
- Paseata arredor da morte (1999)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Presidentes da Real Academia Galega
- Membros da Real Academia Galega
- Escritores en lingua galega
- Escritores de Galicia
- Médicos galegos
- Delegados do goberno en Galicia
- Senadores galegos
- Tradutores de Galicia
- Tradutores do inglés
- Tradutores ao galego
- Nados en Santiago de Compostela
- Senadores de España por designación real
- Nados en 1909
- Finados en 2003