John Rutherford

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

John Rutherford, nado en Saint Albans en 1941, é un hispanista inglés que ten promovido o coñecemento da cultura galega, especialmente da súa literatura.

Índice

[editar] Traxectoria

Rutheford estivo vinculado dende a súa época de estudante a Oxford, comezando os seus estudos español no Wadham College, e rematándoos no Saint Anthony's College (presentou a tese doctoral no 1969).

Xubilado no 2008, foi profesor do Queen's College da Universidade de Oxford dende 1968, dirixindo o Centro de estudos galegos desta universidade, que promoveu no 1991. Foi presidente e vicepresidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos. Coordinou o Obradoiro de Tradución Galego-Inglés do Queen's College, que traduciu e publicou a Castelao e Mendez Ferrín. Outros autores traducidos, que aínda non viron a luz en formato libro, son María Mariño, Carlos Casares, e Eduardo Blanco Amor, entre outros. É coñecido por ser autor da tradución inglesa de dous clásicos da española: La Regenta e O Quixote. Tamén publicou unha novela en galego, As frechas de ouro (Vigo: Galaxia, 2004), sobre o Camiño de Santiago. Foi o animador das Xornadas 'Mar por medio', que levan editándose en Ribadeo dende o ano 1992, procurando a relación da cultura galega co exterior alén o mar, tanto coas illas Británicas (sobre todo) como con Norteamérica.

[editar] Vinculación con Galiza e recoñecementos

O 24 de xuño de 2007 recibiu o Premio Trasalba pola súa contribución á difusión da lingua, a cultura e a literatura galegas. O 4 de outubro de 2008 ingresa na Real Academia Galega como académico de honra.

A súa vinculación a Galiza débese ao seu matrimonio cunha ribadnse, a quen coñeceu nunha viaxe nos anos 50; reside en Ribadeo parte do ano, téndose integrado en actividades diversas, como na rondalla estival, ou contribuído culturalmente no pobo coa organización das Xornadas 'Mar por Medio', que afondan nas relacións entre a cultura inglesa e Galicia.

En outubro de 2011 foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade da Coruña[1].

[editar] Bibliografía sobre o autor

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas