Jenaro Marinhas del Valle
Jenaro Marinhas del Valle, nado na Coruña o 25 de novembro de 1908 e finado en 1999, foi un novelista, poeta, ensaísta e dramaturgo galego. Entrou en contacto, sendo moi novo, coa intelectualidade galeguista da Coruña. A esas primeiras reunións cos vates galeguistas acompañouno o seu pai, que estaba relacionado cos integrantes da Cova Céltiga (Eladio Rodríguez, Francisco Tettamancy, Carré Aldao, Lugrís Freire...).
Índice |
[editar] Traxectoria
Após finalizar os seus estudos de bacharelato, transladouse a Santiago de Compostela, en cuxa universidade cursou estudos de Filosofía e Letras. Porén, non acabou a carreira, xa que se matricularía en Empresariais. Dedicado xa a actividades mercantís, Marinhas del Valle frecuentou as Irmandades da Fala, fundadas na súa cidade natal, A Coruña, en 1933. Alí fundou a Mocedade Galeguista da Coruña, organización que colaboraría xunto ao Partido Galeguista á que pertencía na campaña a favor do Estatuto de Autonomía do ano 1936.
Durante a preguerra compartiu tertulias e debates con outros destacados intelectuais galeguistas, como Otero Pedrayo ou Daniel Castelao. Pola mesma época escribiu a súa primeira peza de teatro, que lle entregou a Víctor Casas para que a publicase Ánxel Casal (alcalde republicano de Compostela). Porén, Casal foi asasinado polos falanxistas, co que o orixinal se perdeu e nunca chegou a ser editado.
Xa na posguerra, Marinhas del Valle viaxou por toda Europa, pero non perdeu o contacto co galeguismo da época. De feito, froito dos seus contactos na clandestinidade con diferentes galeguistas (entre eles Francisco Fernández del Riego) é que se chegou á creación da editorial Galaxia e da revista Grial, onde publicou as súas primeiras obras literarias.
Durante todo o franquismo e até os primeiros anos da Transición Española, o escritor coruñés ocupou un lugar destacado no panorama intelectual e literario da Galiza. Porén, por mor da súa defensa da unidade lingüística galego-portuguesa, viuse cada vez máis desprazado á periferia do sistema. Esta situación fíxose especialmente notoria após o falecemento de Ricardo Carvalho Calero, e logo de Marinhas del Valle ter renunciado[Cómpre referencia] a un posto na Real Academia Galega.
Xa nos últimos anos da súa vida, Marinhas del Valle foi nomeado membro de honra da Associaçom Galega da Língua (AGAL), pero tamén recibiu homenaxes por parte doutros colectivos (como a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, a Agrupación Cultural O Facho ou a Fundación Alexandre Bóveda) debido ao seu labor en favor do nacionalismo e pola defensa da lingua galega no ensino.
En 1999, aos 91 anos, o intelectual galeguista faleceu na súa cidade natal. A revista Agália, no seu número 60, publicou de forma póstuma a narración A Tía Solinha; ao mesmo tempo que a revista Enclave publicaba no seu número 6 a peza teatral breve Pai Desconhecido.
[editar] Obras
[editar] Teatro
- A revolta e outras farsas. Galaxia (Vigo, 1965).
- Acurrados. Cadernos da Escola Dramática Galega (A Coruña, 1981).
- Ramo Cativo. Sotelo Blanco (Barcelona, 1990).
- Teatro, de Jenaro Marinhas; A gente da Barreira, de Ricardo Carvalho Calero, AS-PG/A Nosa Terra (Vigo, 1997. Edición de Pilar García Negro.
- Obra dramática completa, Espiral Maior (O Burgo, Culleredo, 2006).
[editar] Ensaio
- Importancia do público na revelación teatral. Edicións do Castro (Sada, 1979.
- Lembrando a Manoel Antonio. Ida-epístola ao meu duplo. Xunta de Galicia (A Coruña, 1979).
- Amarga memoria. Espiral Maior (O Burgo, Culleredo, 2008).
- Presença de Jenaro Marinhas na Agal. AGAL (Ourense, 2009).
[editar] Narrativa
[editar] Artigos e estudos
- A Serpe, Galaxia (Vigo, 1952).
- Monifates, en Grial, n.º 4. (1964).
- A festa do Cheneque e outras historias, en Grial. (1967).
- Pequena farsa dos amores desencontrados, en Grial, n.º 21 (1968).
- Loucura e morte de Peregrino, en Grial, n.º 31 (1972).
- O real em cena. Notas a esmo, en Agália, n.º 21 (1990).
- Os alárvios, en Agália, n.º 23 (1990).
- Lugrís, oratória e teatro, en Agália, n.º 23 (1990).
- A língua do escritor, en Agália, n.º 25 (1991).
- Teatro Interte, en Agália, n.º 49 (1997).
[editar] Obras colectivas
- Johán V. Viqueira: uma utopia verificável, Instituto de Estudos Luso-Galaicos Ricardo Carvalho Calero. (A Coruña, 1994).
[editar] Premios
- Premio Castelao de Teatro Galego no 1965, por A revolta e outras farsas.