Isidro Parga Pondal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Isidro Parga Pondal
Medalla Castelao Galiza Spain.png
Image of none.svg
Datos persoais
Nacemento 17 de decembro de 1900
Lugar Laxe, A Coruña, Galicia Galicia
Falecemento 4 de maio de 1986 (85 anos)
Lugar A Coruña, Galicia Galicia
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios {{{premios}}}
[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]
{{{web}}}

Isidro Parga Pondal, nado en Laxe o 17 de decembro de 1900 e falecido na Coruña o 4 de maio de 1986, foi un xeólogo galego.


Traxectoria[editar | editar a fonte]

Isidro Parga Pondal procedía de dúas familias da burguesía galega de gran sona, preocupadas polo país. Era sobriño neto do vate Eduardo Pondal e neto do médico hidrólogo Isidro Pondal Abente por parte materna, e pola outra era neto de Salvador Parga Torreiro, catedrático de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e senador, e fillo de José Parga Casal, doutor en Dereito pola USC. Fixo os seus estudos de bacharelato en Santiago de Compostela e a carreira de química na Universidade de Madrid, rematando a licenciatura en 1922.

Manuscrito orixinal da tese de doutoramento (1935).

En 1923 obtivo praza de profesor auxiliar de Química inorgánica e Analítica na Facultade de Ciencias de Santiago. Porén, aparecen os seus primeiros traballos sobre xeoquímica, publicados na revista do Seminario de Estudos Galegos, nado recentemente e do que é membro. Realizou estudos de doutoramento en Zúric, volvendo no 1933 a Santiago. Coa creación do Laboratorio de Xeoquímica da Universidade de Santiago de Compostela, comezou as súas investigacións sobre Galicia e formou os primeiros xeoquímicos españois. En 1934 rematou a súa tese de doutoramento obtendo a cualificación de sobresaliente cum laude na Universidade de Madrid. Ó comezo da Guerra Civil foi purgado do seu posto de profesor, retirouse a Laxe e creou unha empresa mineira para a explotación do caolín. Máis tarde creou o Laboratorio Xeolóxico de Laxe. En 1945 colaborou co Instituto Xeolóxico e Mineiro de España e en 1954 comezou a colaborar coa Universidade de Leiden, facéndoo despois coas de Montpellier, Estrasburgo, Zúric, Munster e Lisboa. Foi premio Ramón Mourente no 1958.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1960 ingresou na Real Academia Galega. No 1962 foi nomeado profesor agregado do Instituto Lucas Malleda, recibindo a continuación diversas distincións: Pedrón de Ouro (1965), Premio de Ciencias da Deputación da Coruña (1972), Premio de Investigación da Universidade de Santiago e da Universidade Menéndez e Pelayo (1982), medalla Castelao, doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela (1983), Presidente Honorario da Academia de Ciencias de Galicia, membro numerario da Academia de Doutores de Madrid, correspondente da Academia de Ciencias de Madrid e correspondente da A. de Ciencias e Arte de Barcelona. Concedéuselle o Premio Trasalba en 1984.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Entre outras dispersas, Mapa Geológico de Galicia (1963, realizando despois os correspondentes provinciais), Mapa Geológico de la Península Ibérica (1970). Fixo asemade dúas cartografías do Macizo Hespérico Peninsular (1962 e 1982).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]