Bernardo Penabade
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bernardo Penabade Rei, nado nas Grañas do Sor, Mañón, en 1964, é un mestre galego e foi presidente da AGAL, colectivo a prol do reintegracionismo.
Traxectoria
É licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade dá clases de lingua e literatura galegas no IES "Perdouro" de Burela.
Dende 1983 é membro da Associaçom Galega da Língua e entre xullo de 2001 e 2007 foi o seu presidente. Co seu acceso á presidencia rompeuse unha traxectoria máis culturalista da AGAL e o grupo reintegracionista deu pasos na súa dimensión pública, como a participación na constitución da Assembleia da Língua, ensaio de plataforma de traballo conxunto de todos os grupos reintegracionistas, ou como a inauguración dun local de seu.