Anxo Tarrío
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anxo Tarrío Varela, nado en Santiago de Compostela o 11 de marzo de 1945, é catedrático de filoloxía galega e portuguesa, na especialidade de literatura galega, na Universidade de Santiago de Compostela.
Índice |
[editar] Traxectoria
Estudou Mestría Industrial, Maxisterio e Filoloxía Románica na Universidade compostelá, e doutorouse cunha tese sobre a novelística de Benito Pérez Galdós. Impartiu docencia de lingua española, lingüística xeral, crítica literaria e Teoría da Literatura nos colexios universitarios de Lugo e Vigo, e posteriormente incorporouse á Universidade da súa cidade natal como profesor de Literatura Galega.
[editar] Obra en galego
[editar] Ensaio
- De letras e de signos (Ensaios de semiótica e crítica literaria), 1987, Vigo: Xerais.
- Álvaro Cunqueiro ou os disfraces da melancolía, 1989, Vigo: Galaxia.
- Opinións e xoguetes literarios, 1992, Editorial Compostela.
- Primeiras experiencias narrativas de Eduardo Blanco-Amor, 1993, Vigo: Galaxia.
- Literatura galega. Aportacións a unha Historia Crítica, 1994, Vigo: Xerais.
- Recanto de cataventos, 1996, Editorial Compostela.
- Escrito en Compostela, 1997, Editorial Compostela.
- A baloira, 2006, Vigo: Xerais.
[editar] Edicións
- A escadeira de Jacob, de Eduardo Blanco-Amor, 1993, Vigo: Galaxia.
[editar] Obras colectivas
- I Xornadas da Lingua Galega no Ensino, 1984, Santiago: Xunta de Galicia.
- Contra morte e amor, de Marina Mayoral, 1987, Vigo: Xerais. Cotradutor, con Blanca-Ana Roig e Xosé Antonio Palacio Sánchez.
- Celso Emilio Ferreiro (1912-1979). Unha fotobiografía, 1989, Vigo: Xerais.
- 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990, Xermolos.
- Actas do Simposio Internacional Otero Pedrayo no Panorama literario do século XX, 1990, Santiago: Consello da Cultura Galega.
- Maxina, de Marcial Valladares, 1991, Xerais. Edición con Blanca-Ana Roig e Margarita Neira.
- Álvaro Cunqueiro, 1992, Santiago: Universidade de Santiago de Compostela.
- Comentarios de textos contemporáneos, 1992, Vigo: Xerais.
- Eduardo Blanco-Amor: Día das Letras Galegas 1993, 1993, Santiago: Xunta de Galicia.
- Comentarios de textos populares e de masas, 1994, Vigo: Xerais.
- Acto literario en homenaxe a Rafael Dieste: 16 de maio de 1995, 1995, Santiago: Universidade de Santiago de Compostela.
- Tentativas sobre Dieste, 1995, Santiago: Sotelo Blanco.
- E dixo o corvo..., 1997, Santiago: Xunta de Galicia.
- Actas das I Xornadas das Letras Galegas en Lisboa, 1998, Santiago: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Diccionario de termos literarios, 1998, Santiago: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Avilés de Taramancos: Día das Letras Galegas, 2003, Santiago: Universidade de Santiago de Compostela.
- Narradio. 56 historias no ar, 2003, Vigo: Xerais.
- Bases metodolóxicas para unha historia comparada das literaturas na península Ibérica, 2004, Santiago: Universidade de Santiago de Compostela. Coeditor, con Anxo Abuín González.
- Manuel Lugrís Freire: Día das Letras Galegas 2006, 2006, Santiago: Universidade de Santiago de Compostela.
- Xosé María Álvarez Blázquez]]: Día das Letras Galegas 2008, 2008, Santiago: Universidade de Santiago de Compostela.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Ourense: Difusora.
- Uxío Novoneyra: Día das Letras Galegas 2010, 2010, Santiago: Universidade de Santiago de Compostela.
- Lois Pereiro: Día das Letras Galegas 2011, 2011, Universidade de Santiago de Compostela.
[editar] Premios
- Premio da Crítica Galicia de Investigación no 1995, por Literatura galega.
[editar] Obra en castelán
[editar] Ensaio
- Lectura semiológica de Fortunata y Jacinta, 1982.
- Literatura Gallega, Madrid: Taurus, 1988. 1ª reimpresión 1990.
[editar] Premios
- Premio Internacional de investigación Galdós no 1979, por Lectura semiológica de Fortunata y Jacinta.