Carlos Otero Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos Otero Díaz
Biografía
Nacemento30 de xaneiro de 1932 Editar o valor em Wikidata
Chantada, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de marzo de 2005 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Carlos Gilberto Otero Díaz, nado en San Fiz de Asma (Chantada) o 30 de xaneiro de 1932 e finado en Santiago de Compostela o 19 de marzo de 2005,[1], foi un economista e político galego. En 1982 foi nomeado primeiro Conselleiro de Economía e Finanzas da Xunta de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1952-1956) licenciándose con premio extraordinario. Entre outros sitios viviu en Madrid e Italia, regresando a Santiago de Compostela no 1966 para asumir a cátedra de Economía Política, Facenda Pública e Dereito Fiscal.

Formou parte do primeiro goberno autonómico, en 1982 aceptou o cargo de conselleiro de Economía no executivo de Xerardo Fernández Albor. Novamente o 6 de novembro de 1986 foi nomeado titular de Economía e Facenda da Xunta de Galicia.

O 28 de febreiro de 1991 entrou a formar parte do Consello de Contas e posteriormente foi nomeado como Conselleiro Maior.


Predecesor:
Ninguén
 
Conselleiro de Economía, Facenda e Comercio
 
1982-1984
Sucesor:
Carlos Mella
Predecesor:
Xosé Antón Orza
 
Conselleiro de Economía, Facenda e Comercio
 
1986-1987
Sucesor:
Fernando Salgado García
Predecesor:
Ninguén
 
Conselleiro maior do Consello de Contas
 
1991-2000
Sucesor:
Luciano Fariña Busto

Galardóns[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Carlos Otero Díaz, economista, catedrático y ex consejero de la Xunta"; necrolóxica de Xosé Hermida en El País, 22 de marzo de 2005 (en castelán).