Miguel Anxo Araúxo Iglesias
Miguel Anxo Araúxo Iglesias, nado o 10 de xaneiro de 1920 en Sabadelle (O Pereiro de Aguiar), e falecido o 22 de xullo de 2007 en Ourense, foi un bispo e escritor galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
[editar] Carreira eclesiástica
Iniciou os seus estudos de bacharelato no Instituto de Ourense e proseguiunos en 1932 na Universidade Pontificia de Comillas onde obtivo a licenciatura en Filosofía (1941) e Teoloxía (1945). Foi consagrado sacerdote en Comillas en xullo de 1945. Trasladado como crego a Ourense, foi profesor de Teoloxía no seminario desa cidade e reitor del entre 1956 a 1966.
O 6 de setembro de 1970 foi ordenado bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, nunha cerimonia presidida polo cardeal de Santiago, Fernando Quiroga Palacios. O acto da súa ordenación episcopal foi realizado na catedral de Ourense, e por primeira vez na historia da igrexa galega, en galego. O día 13 dese mes entrou oficialmente na catedral de Mondoñedo. Durante o seu período como bispo de Mondoñedo-Ferrol tocoulle vivir a transición e as cerimonias funerais dos obreiros Amador Niebla e Daniel Rey, mortos en enfrontamentos coa policía, que condenou nunha homilia. Foi coñecido polas súas ideas progresistas e a prol dunha maior presenza da lingua galega na Igrexa católica. En 1985 a Santa Sé concedeulle a xubilación anticipada.
| Dignidades da Igrexa Católica | ||
|---|---|---|
| Predecesor: Jacinto Argaya Goicoechea |
Bispo de Mondoñedo - Ferrol 1970-1987 |
Sucesor: José Gea Escolano |
[editar] Escritor e tradutor
Foi un gran potenciador dos textos relixiosos en galego, e presidiu a comisión técnica encargada da tradución do Misal romano ao galego. Traballou tamén na versión dos Rituais sacramentais e preparou un devocionario popular en lingua galega. Publicou diversas pastorais no boletín do bispado de Mondoñedo-Ferrol e outros textos de pensamento cristián, e colaborou en diversos xornais como La Voz de Galicia ou La Región e revistas como Irimia, Encrucillada, Raigame ou a Revista de Estudios Mindonienses.
O 30 de maio de 1980 ingresou na Real Academia Galega para ocupar a cadeira que deixara vacante Ramón Otero Pedrayo, cun discurso titulado A igrexa de Mondoñedo nas súas Sinodais, que foi respondido por Ramón Piñeiro.
Entre as súas obras destacan:
- A fe cristiá ante a cuestión da lingua galega (1975, SEPT).
- Escritos cristiáns sobre problemas, personaxes e conflictos de Galicia (1987, Edicións do Castro).
- Palabras para os amigos (1989).
- Escritos pastorais (1990).
- Oracional galego (1991, en colaboración con Ramiro González Cougil.
- Memoria de vida (1993).
- Os bispos de Galicia e o Concilio Vaticano II (1996)..
[editar] Premios e honras
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |