Colección Benito Soto
A colección Benito Soto foi un proxecto editorial levado a cabo en Pontevedra entre 1948 e 1952 por Emilio Álvarez Negreira, Manuel Cuña Novás e Sabino Torres Ferrer. Debe o seu nome a Benito Soto, o pirata da Moureira.
[editar] O proxecto
Naceu como proxecto para editar os libros de poesía deses autores, convidando aos seus coñecidos a facer o mesmo, tanto en lingua galega como en castelán.
Álvarez Negreira era o máis novo do grupo, pero o que tiña maior entusiasmo, polo que foi designado director nun inicio. As obras imprimíanse en Gráficas Torres, a imprenta do pai de Sabino Torres, polo que foi nomeado editor. As dúas primeiras publicacións editáronse a comezos de 1949: Madrigal, do propio Álvarez Negreira, e Fabulario novo, de Cuña Novás. Entón pediron a colaboración de Celso Emilio Ferreiro, nese momento un poeta xa consagrado que participaba na vida intelectual pontevedresa. Trala súa chegada, Sabino Torres (en certa medida o mecenas do grupo), designouno director, pasando Álvarez Negreira á secretaría. Con todo, a efectos reais seguiu facendo as funcións de dirección, poñéndose en contacto cos autores e seleccionando os textos.
[editar] Libros editados
- Madrigal, Emilio Álvarez Negreira, 1948.
- Como el río, Sabino Torres Ferrer, 1948.
- Poemas de ti e de min, Xosé María Álvarez Blázquez, 1949.
- Musa Alemá, Celso Emilio Ferreiro en colaboración con Antonio Blanco Freijeiro, 1949.
- Triscos, Luís Pimentel, 1950.
- Fabulario novo, Manuel Cuña Novás, 1952.
- Dona do corpo delgado, Álvaro Cunqueiro.
- Gárgolas, Tomás Barros.
- Anxo de terra, Ricardo Carvalho Calero.
- Cantos de cotovía, Eliseo Alonso Rodríguez.
- Muiñeiro de brétemas, Manuel María.
- El dios de los precipicios, José Ruibal.
- Cantigas da noite moza, Augusto Casas.
- Follas de un arbre senlleiro, Manuel Fabeiro Gómez.
- As canciós d'ise amor que se diz olvido, Juan Pérez Creus.