Xosé María Álvarez Blázquez
| Xosé María Álvarez Blázquez | |
|---|---|
| Nacemento: | 5 de febreiro de 1915 Tui, Pontevedra |
| Falecemento: | 2 de marzo de 1985 Vigo |
| Lingua: | Galego, castelán |
| Xénero(s): | Poesía, novela, teatro |
Xosé María Álvarez Blázquez, nado en Tui o 5 de febreiro de 1915 e finado en Vigo o 2 de marzo de 1985, foi un escritor galego de poesía, narrativa e ensaio, arqueólogo, investigador e editor galeguista. É un dos representantes da poesía neotrobadoresca. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 2008.
Índice |
Traxectoria [editar]
Xosé María Álvarez Blázquez pertence a unha saga de escritores que ten os seus antecedentes no seu avó Emilio Álvarez Giménez, seguiu co seu tío Xerardo Álvarez Limeses e compartiu co seu irmán Emilio Álvarez Blázquez. O encarceramento e posterior fusilamento do seu pai, o médico Darío Álvarez Limeses, o 30 de outubro de 1936 por parte das forzas golpistas contra a II República, marcárano de por vida (como ao resto dos seus irmáns, Darío, Celso, Alfonso, Emilio e Álvaro), sendo sancionado en 1937 polo goberno de Franco coa suspensión de emprego e soldo como mestre da escola de Coia (onde nunca chegou a exercer) e co traslado á de Coreses, en Zamora. Estudara o bacharelato en Tui e maxisterio en Pontevedra.
É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, cunha grande actividade que chega dende a literatura (novela, poesía, teatro) ata a investigación como arqueólogo e a súa tarefa como editor e galeguista, militando na Federación de Mocedades Galeguistas e no Partido Galeguista.
É un dos representantes da poesía neotrobadoresca, vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galiza da lírica medieval galego-portuguesa.
En 1950 fundou con Luís Viñas Cortegoso a Editorial Monterrey. En 1962 ingresou na Real Academia Galega. En 1964 fundou, xunto aos seus irmáns Álvaro e Emilo Edicións Castrelos, da que foi director xerente, e na que destacan a súa colección O Moucho, de libros do pobo pra o pobo, uns libriños de baixo prezo e gran difusión que marcaron época nos anos 60 e 70 do pasado século que contaron con unha grande aceptación por parte dos lectores, como destaca as reedicións d'O catecismo do labrego (de Valentín Lamas Carvajal). Neste mesmo ano de 1964 recibiu o premio Club de Ribadavia. En 1967 é premio Noriega Varela. En 1968 é premio das Letras da Deputación Provincial da Coruña, e nese mesmo ano volve á ensinanza como mestre no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro de Vigo, do que se xubilaría en 1983. Foi cronista oficial da cidade de Vigo.
Canto á súa actividade no estudo da arqueoloxía, foi membro do Padroado do Museo Municipal de Vigo. Participou no descubrimento de laudas sepulcrais da época romana en Vigo e das industrias paleolíticas do Baixo Miño e das Gándaras de Budiño. Así mesmo, tamén foi copartícipe das seguintes descubertas: unha fábrica romana para a elaboración de aceite de oliva en Teis (Pontevedra), unha cisterna con enxoval funerario da época do bronce en Atios (Pontevedra), etc.
Na investigación literaria descubriu a égloga Belmiro e Benigno de Nicomedes Pastor Díaz, e realizou contribucións á época chamada da Decadencia (Escolma de Poesía Galega t. II), con investigacións que alcanzan ao teatro, as panxoliñas, a poesía lírica, a prosa político-social, a poesía panfletaria, o romanceiro, etc., da citada época.
Xosé María Álvarez Blázquez colaborou en diversos medios (BBC de Londres, Radio Vigo, prensa de Galiza, Portugal e América, etc.) e pronunciou moitas conferencias en España e no mundo. Algúns dos seus poemas teñen sido musicados polos mestres Freitas Branco, Rodolfo Halffter, Groba Groba e Ignacio Iglesias. Mostras da súa obra poética figuran en antoloxías de Enrique de Arcoaga, Varela Jácome, Fernández del Riego, González Alegre, etc. A súa novela En el pueblo hay caras nuevas foi traducida ao francés (Nogent-sur-Marne, 1969).
Os seus fillos Xosé María, Alfonso, Celso e Berta Álvarez Cáccamo, escritores eles e pintora ela, advirten que a figura do seu pai ten máis relevancia na historia cultural recente de Galiza que o lugar que ocupa na historiografía. Os tres coinciden en sinalar que «a súa actitude modesta marcou o seu desinterese por figurar».
Obra en galego [editar]
Poesía [editar]
- Abril, 1932
- Poemas de ti e de min, colección Benito Soto, 1949 (poemario co seu irmán Emilio Álvarez Blázquez).
- Roseira do teu mencer, 1950.
- Cancioneiro de Monfero, 1953.
- Romance do pescador peleriño, 1954.
- Escolma de epigramas, 1968.
- Canle segredo, 1976, Edicións Castrelos (escrito en 1954).
- Poesía galega completa, 1987, Xerais.
Narrativa [editar]
- Os ruíns, 1936 (relatos).
Literatura infanto-xuvenil [editar]
- A pega rabilonga e outras historias de tesouros, 1971, Edicións Castrelos.
Ensaio [editar]
- Poesías galegas de Nicomedes Pastor Díaz, 1951.
- O vencello espiritual dos Fisterres Atlánticos, 1951.
- Industrias paleolíticas do Baixo Miño, 1952.
- Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos XIV a XIX, 1959.
- O libro na tradición popular galega, 1963.
- Gil Vicente e Galicia: o conto das dúas lousas, 1964.
- Os nomes da terra recollidos do pobo, 1976, Castrelos (baixo o pseudónimo de Celso de Baión).
- Alexandre Bóveda. Apunte biográfico, 1982 (non distribuído ata 1992).
Edicións [editar]
- Escolma de poesía galega I: Escola medieval galego-portuguesa, 1953, Galaxia.
- Escolma de poesía medieval, 1975.
- Luís Amado Carballo. Vida e obra, 1982, Real Academia Galega.
Obras colectivas [editar]
- Correspondencia habida entre Xosé María Álvarez Blázquez e Isidoro Millán González-Pardo, 2012, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Obra en castelán [editar]
Narrativa [editar]
- El crimen de la isla verde, 1941.
- En el pueblo hay caras nuevas, 1945 (novela en castelán, finalista do Premio Nadal).
- Una cabaña en el cielo, 1952.
- Las estatuas no hablan, 1955.
- Crecen las aguas, 1956.
Poesía [editar]
- Sonetos del alba insomne, 1995, Instituto de Estudios Vigueses.
Ensaio [editar]
- El libro del por qué?, 1945.
- Arquitectura rural gallega. Un plano de Fray Manuel Caeiro, 1948.
- Industria paleolítica de la comarca de Tuy, 1949.
- Vigo, 1950.
- Romerías gallegas, 1951.
- Hallazgo de estelas funerarias en Vigo, 1955.
- Galería de gallegos ilustres, 1956.
Teatro [editar]
- Los pazos altivos, 1947.
- El zapato de cristal, 1947.
Obras colectivas [editar]
- Vigo en su historia, 1980.
Premios [editar]
- Finalista do premio Nadal en 1945, coa novela En el pueblo hay caras nuevas.
- Premio Historia dos Xogos Florais de Vigo (1950).
- Primeiro premio de poesía no Concurso dentro de Fillos de Vigo (1954).
- Premio Pondal de poesía do CEBA (1954).
- Premio Peréz Galdós de novela (1955).
- Premio Biografía da Asociación da Prensa de Vigo (1958).
- Premio Ramón Mourente (1960).
- Premio Valle Inclán nos Xogos Florais Minho-Galaicos (1960).
- Premio de novela López Cuevillas no I Certame Literario do Miño celebrado en Lugo (1960).
- Premio especial Blas Agra sobre a historia do periodismo vigués (1960).
- Premio Álvares García de biografía (1961).
- Premio Josefina de Lema (1961).
- Premio Enrique Lorenzo Docampo (1962).
- Premio Club de Ribadavia (1964).
- Premio Noriega Varela (1967).
- Premio das Letras da Deputación Provincial da Coruña (1968).
- Premio Cidade de Vigo (1971).
- Pedrón de Ouro (1977).
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- González Pérez, C. (2007). Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985). ISBN 978-84-96673-36-6.
- Álvarez Cáccamo, A. (1994). Xosé María Álvarez Blázquez. ISBN 978-84-7680-205-6.
Ligazóns externas [editar]
- Biografía na Real Academia Galega
- 2008, ano de Xosé María Álvarez Blázquez, en Praza das Letras
- En limiarlibros.com
- Xogo de preguntas sobre o autor para dous xogadores
- "Romance do pescador peleriño", poema cantado
- "O año pitaño", poema de Roseira do teu mencer
| Predecesor: María Mariño Carou |
Día das Letras Galegas 2008 Xosé María Álvarez Blázquez |
Sucesor: Ramón Piñeiro |
|
||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||