Servizo militar
O servizo militar, coñecido popularmente en España como as quintas ou a mili, é un período de duración e obrigatoriedade variada, no cal os cidadáns dun país (habitualmente, só os homes), deben recibir adestramento militar en cuarteis como preparación para unha eventual guerra.[Cómpre referencia] Canto máis conflitivo e militarizado for o país, maior será a posibilidade de que os seus cidadáns estean sometidos ao servizo militar. En xeral, o seu tempo medio de duración é de un ano,[Cómpre referencia] exceptuándose casos especiais como o de Israel, en que homes e mulleres reciben adestramento militar periodicamente.
En España o servizo militar obrigatorio (exclusivo para os homes) aboliuse en 2001. Daquela duraba nove meses pero unha grande parte dos xoves escollían realizar unha "prestación social substitutoria".
- Verde: Sen forzas armadas
- Azul: Sen servizo militar obrigatorio
- Laranxa: Plans para eliminalo nos próximos anos
- Vermello: Servizo militar obrigatorio
- Gris: Sen información