Enciclopedia Galega Universal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enciclopedia Galega Universal
Autor Vicente Araguas, Agustín Sixto Seco, Xosé Luís Barreiro Rivas, Andrés Torres Queiruga, Basilio Losada,Ramón Villares, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Carlos Casares, Xosé Luís Méndez Ferrín, Francisco Fernández del Riego, Clodio González Pérez, Paulino Novo e Anxo Tarrío Varela
País Galicia.
Lingua Galego
Tema(s) Temática xeral e galega.
Xénero(s) Consulta (enciclopedia).
Editorial Ir Indo Edicións
Data de pub. Dende 1999.
Formato En papel.
ISBN 84-76802889

A Enciclopedia Galega Universal, coñecida tamén polas siglas EGU, é unha enciclopedia de referencia da cultura galega que conta con 200.000 entradas e 30.000 ilustracións[1]. Foi posta en marcha na súa versión en papel en 1999 (hoxe está conformada por 16 tomos, cun total de 7.280 páxinas), e contou cunha versión dixital dende 2008.[2]

A EGU demostra que se pode pensar e vivir como galegos e que cada vez é máis rendíbel.
Bieito Ledo, director de Ir Indo.

Características[editar | editar a fonte]

O seu editor foi Bieito Ledo e o director Xosé A. Perozo. [3]

Conta con entradas dos santuarios, portos, aeroportos e principais vías de comunicación, centros turísticos, edificios e demais elementos do patrimonio arquitectónico monumental ou do patrimonio natural de especial interese en e para Galiza. Do mesmo xeito, inclúense os principais accidentes do relevo, do litoral e mais as augas continentais.

Cartografa polo miúdo as 53 comarcas galegas e os 315 concellos con máis de 4.000 parroquias.

Conta cun 60% de temas universais contemplados desde a perspectiva de Galiza, e dun 40% de temas propiamente galegos.[1]

Expertos[editar | editar a fonte]

A enciclopedia vén avaliada pola opinión de expertos en diferentes campos do saber tal que Vicente Araguas, Agustín Sixto Seco, Xosé Luís Barreiro Rivas, Andrés Torres Queiruga, Basilio Losada,Ramón Villares, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Carlos Casares, Xosé Luís Méndez Ferrín, Francisco Fernández del Riego, Clodio González Pérez, Paulino Novo e Anxo Tarrío Varela.[4]

Cabe destacar a ausencia inicial de mulleres.

Categorías[editar | editar a fonte]

A EGU divide os seus contidos en diferentes categorías:

  1. Léxico xeral
  2. Biografías
  3. Xeografía
  4. Cartografía
  5. Ciencias biolóxicas
  6. Ciencias físicas
  7. Ciencias exactas
  8. Tecnoloxías
  9. Ciencias sociais e humanidades
  10. Lexislación
  11. Xurisprudencia
  12. Empresas e finanzas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Características xerais EGU
  2. Versión 'web' da Enciclopedia Galega Universal, nova en El País o 11 de xullo de 2008.
  3. Ficha da Enciclopedia Galega Universal na versión en liña da EGU
  4. Información en xenealoxia.org

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]