Amancio Prada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amancio Prada
Image of none.svg
non dispoñemos de imaxe
Nome completo
Alias
Naceu 5 de febreiro de 1949 (63 anos)
Devesas, comarca do Bierzo León
Orixe
Morreu
Ocupación (s) cantautor
Xénero
Instrumento(s)
Tipo de voz
Selo(s) discográfico (s)
Relacionado con
Tempo en activo desde 1972
Web


Amancio Prada, nado en San Pedro de Devesas, comarca do Bierzo, o 5 de febreiro de 1949, é un destacado cantautor español.

Índice

[editar] Traxectoria

Fillo de labradores, estudou Socioloxía na Universidade da Sorbona (París). Alí mesmo, na Francia, xa se deu a coñecer aparecendo na televisión e nas radios francesas, e mesmo gravou o seu primeiro disco Vida e morte. A partir de aquí comezou unha longa etapa de produción de discos, xunto con numerosas actuacións por todo o mundo, pois participou en concertos por todo o territorio nacional e internacional (Roma, Estocolmo, Xenebra, Buenos Aires, Nova York, Lisboa, Caracas, Porto, Chicago, México, Rabat, Colonia, Utrecht, Ravenna, Atenas, Bruxelas, Medellín...)

Amancio Prada pódese considerar como un dos mellores embaixadores da lírica galega no mundo (Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, diversos trobadores galaico-portugueses, cancións populares, etc), razón que expuxo o xurado para que gañase o XXI Premio Celanova -Casa dos Poetas- en 2005 ou o Premio Xarmenta en 2006.

[editar] Discografía

  • Vida e morte (1974), o seu primeiro disco.
  • Rosalía de Castro (1975)
  • Caravel de caraveles
  • Canciones de amor y celda
  • Leliadoura (homenaxe aos trobadores galaico-portugueses medievais).
  • Cántico espiritual (homenaxe a San Juan de la Cruz).
  • Canciones y Soliloquios (poemas de Agustín García Calvo).
  • De la mano del aire (1984)
  • Dulce vino de olvido (1985)
  • Sonetos de amor oscuro (1986), baseado en poemas de Federico García Lorca.
  • A dama e o cabaleiro (1987), baseado na poesía neotrobadoresca de Álvaro Cunqueiro.
  • Navegando la noche (1988)
  • Trovadores, místicos y románticos (1990), disco dobre.
  • Emboscados (1994)
  • Rosas a Rosalía (1997), conxuntamente coa Orquestra Real Filharmonía de Galicia.
  • 3 poetas en el círculo (1998), en homenaxe a Cunqueiro, García Lorca e García Calvo. É a súa primeira gravación ao vivo e en directo.
  • De mar e terra (1999), baseado na tradición oral en galego.
  • Escrito está (2001)
  • Canciones del alma (2003), disco-libro, dedicado a textos de San Juan de la Cruz.
  • Sonetos y canciones de Federico García Lorca (2004), o seu segundo disco-libro
  • Hasta otro día, Chicho (abril de 2005), disco-libro dedicado a Francisco Sánchez-Ferlosio.

[editar] Premios e distincións

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Páxina Web oficial de Amancio Prada

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas