Bibiano Fernández Osorio-Tafall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bibiano Fernández Osorio-Tafall, nado en Salcedo (Pontevedra) o 3 de decembro de 1902 e finado na Cidade de México o 13 de agosto de 1990, foi un científico e político galego.

Índice

[editar] Traxectoria

[editar] Ata a Guerra Civil

Foi doutor en Ciencias Naturais e secretario da Misión Biolóxica de Galicia con Cruz Gallástegui. Membro da ORGA, foi alcalde de Pontevedra, presidente da Deputación e deputado nacional en dúas lexislaturas. Presidiu en 1932 a Asemblea de Municipios celebrada en Santiago para discutir e redactar o proxecto de Estatuto de Autonomía que se plebiscitou no ano 1936, tras o seu paro durante dous anos por cuestións políticas. Presidiu o Comité Central de Autonomía.

Ossorio-Tafall era secretario da Junta Nacional de Izquierda Republicana, e ocupou as subsecretarías de Traballo e Gobernación logo das eleccións de 1936, pouco antes da guerra. Posteriormente foi director de Política, o órgano de Izquierda Republicana.

En 1938, durante a Guerra Civil Española, Osorio-Tafall é nomeado Comisario Xeral do Exército da República Española.

[editar] No exilio

Coa derrota militar e política, Osorio-Tafall exíliase primeiro a Francia e logo a México, onde foi profesor na Universidade Autónoma de México e do Instituto Politécnico. No 1948 incorporouse á ONU; no 55, foi director da Oficina de Agricultura en Chile, e logo en Indonesia e en Exipto. No 64 estivo á fronte das operacións de pacificación no Congo e en Chipre, neste caso como representante especial plenipotenciario do secretario xeral da ONU. Xubílase como subsecretario xeral da ONU.

Durante a Transición española, o presidente do goberno Adolfo Suárez convidouno a encabezar a primeira Xunta preautonómica, pero el declinou o ofrecemento por falta de apoios[1].

[editar] Notas

  1. "O Tafall político, que chegou a alto cargo na ONU, escureceu o Tafall científico": Entrevista de Xan Carballa a Xosé Francisco Pardo, A Nosa Terra, 1/7/2010

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas