Fernando Caldeiro Caínzos
Fernando Caldeiro Caínzos, máis coñecido como Frank Caínzos, nado en Buenos Aires o 12 de xuño de 1958 e finado en League City (Texas) o 3 de outubro de 2009[1], foi un astronauta arxentino-estadounidense, graduado en enxeñaría mecánica na Universidade de Arizona e na Universidade de Florida Central.
Índice |
Traxectoria [editar]
Caldeiro foi nomeado astronauta da NASA o 1 de maio de 1996 como membro do Grupo Astronauta 16, alcumado como "The Sardines".
Caldeiro foi asignado aos voos de observación a grande altitude na nave da NASA WB-57. En 2002 uniuse á Comisión presidencial de Excelencia educacional para os Hispanoamericanos.
Finou en outubro de 2009, aos 51 anos, logo de dous anos e medio sufrindo un cancro cerebral.
No ano 2000 recibira a Medalla Castelao, pois era descendente de galegos. O seu pai era de Samos[2], emigrado primeiro a Buenos Aires e despois a New York, onde traballou como xefe dos electricistas do metro. A súa nai era leonesa filla de galegos. O seu avó materno era da A Devesela (Curtis)[3].
Notas [editar]
- ↑ Obituario en http://galvestondailynews.com (en inglés).
- ↑ "Galego na Lúa", artigo de Marcelino Fernández Mallo no blog A trenza, 21 de novembro de 2009.
- ↑ Ficha en Fillos de Galicia.