Milladoiro (grupo musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Milladoiro
Medalla Castelao Galiza Spain.png
Milladoiro en Narón.JPG
Milladoiro en directo nas festas de Narón el 20 de xullo de 2008.
Orixe Santiago de Compostela[1], Galicia Galicia
Período 1979–presente
Xénero(s) Folk galego
Selo(s) discográfico(s) Sony
Membros Xosé V. Ferreirós, Antón Seoane, Nando Casal, Xosé A. Méndez, Moncho García, Harry.c, Manú Conde
Na rede
milladoiro.com

Milladoiro é un grupo musical galego de folk, creado no ano 1979.[1] Está considerado como o máis internacional dos grupos galegos,[2][3][4] e un dos máis importantes investigadores de novas sonoridades para o folk galego.

Historia[editar | editar a fonte]

O grupo orixinouse cando Xosé V. Ferreirós, Nando Casal e Ramón García Rei, membros de Faíscas do Xiabre, xuntáronse con Antón Seoane e Rodrigo Romaní. Estes últimos xa publicaran un disco co título de Milladoiro, de referencias medievais, no que colaborara Ferreirós. Así mesmo, Seoane e Romaní colaboraran con Faíscas no seu disco In memoriam. A formación completaríase con Xosé A. Méndez, frautista procedente da música de cámara, e Laura Quintillán, violinista de orixe uruguaia. A súa primeira actuación foi o 15 de maio de 1979, no auditorio do Colexio dos Salesianos, e nese mesmo ano editarían no seu primeiro disco, A Galicia de Maeloc, cun repertorio artellado a base de música galega tradicional, composicións irlandesas e música composta polo propio Seoane.

Durante os anos o grupo foi evolucionando cara unha música ca vez máis elaborada, de aspecto clásico, pero que mantén as súas referencias na música galega. Moitos dos seus traballos son resultado de encargos para institucións, bandas sonoras de películas ou música para exposicións, nos que tamén deixa pegada o folclore galego e irlandés. Os seus discos e directos manteñen a alternancia entre o repertorio máis folk e as pezas de carácter máis concertista. Milladoiro está considerado como un dos pioneiros da modernidade no folk galego, innovando nas combinacións instrumentais pouco habituais, ou sendo o primeiro grupo folk que gravou música acompañados de pandereteiras.

O grupo ten colaborado con artistas como Paul Winter, Bill Whelan, Ana Belén, Paddy Moloney, Olga Cepa, Oskorri, Kathy Mattea, Susana Seivane, Anxo Pintos, Eileen Ivers, Rhonda Larson ou Liam O´Flynn. O grupo colaborou así mesmo nun episodio da serie Os celtas divírtense, gravado pola BBC en Galicia e Escocia.

Membros[editar | editar a fonte]

Membros anteriores[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

En directo[editar | editar a fonte]

B.S.O.[editar | editar a fonte]

* La mitad del cielo (1985) Banda sonora da película de Manuel Gutiérrez Aragón.
* Divinas palabras (1987) Banda sonora da película de José L. García Sánchez
* La memoria fértil (1987) Banda Sonora
* Os camiños de Santiago (1993) Banda Sonora da serie de TVE-TVG
* El rey del río (1993) Banda Sonora da película de Manuel Guitiérrez Aragón

Colaboracións[editar | editar a fonte]

* Paul Winter Solstice Live! (1989) Nando Casal interpreta Prelude: Marcha de San Benito
* Bill Whelan The seville suite: fom Kinsale to La Coruña (1992)

Outras obras[editar | editar a fonte]

* Travesías (1998) Obra para orquestra sinfónica
* Gloria Tibi Sit (1997) Composición do himno da Universidade de Vigo.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Goya pola banda sonora da película La mitad del cielo (1986).
  • Mención honorífica da Indie Award (en Texas, USA) (1992).
  • Premio Trasalba (2006).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Artigo "MILLADOIRO" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada: Grupo musical constituído na cidade coruñesa de Santiago de Compostela en 1979...
  2. Losada, Oscar. "Milladoiro, sons de cinema". El País. http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/06/28/galicia/1340911175_809419.html. Consultado o 11 de setembro de 2013.
  3. Mirás Fole, Nacho. "Nando Casal: «Milladoiro desbravou moito para a cultura galega»". La Voz de Galicia. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2013/08/19/milladoiro-desbravou-moito-cultura-galega/0003_201308H19P56992.htm. Consultado o 11 de setembro de 2013.
  4. Sánchez Rei, Xosé Manuel. "Milladoiro: a dignificación da música tradicional". terra e tempo. http://www.terraetempo.com/artigo.php?artigo=3118&seccion=5. Consultado o 11 de setembro de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]