Enrique Chao Espina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEnrique Chao Espina
Biografía
Nacemento7 de xullo de 1908 Editar o valor em Wikidata
Viveiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de xaneiro de 1989 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote , escritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 51738 Dialnet: 1654953

Enrique Chao Espina, nado en Viveiro o 7 de xullo de 1908 e finado na Coruña o 19 de xaneiro de 1989, foi un sacerdote, profesor e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou nos seminarios de Mondoñedo e Lugo e ordenouse presbítero en 1931. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Zaragoza e estudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela. Doutor en Letras pola Universidade Central (cunha tese sobre Nicomedes Pastor Díaz) e diplomado en portugués pola Escola Central de Idiomas, foi profesor agregado do Instituto de Puertollano e catedrático da Escola de Comercio da Coruña e o Instituto Eusebio da Guarda. Foi académico da Real Academia Galega[1], do Instituto Arqueolóxico, Histórico e Etnográfico de Lisboa e Cronista Oficial de Viveiro. Colaborou en toda a prensa galega e gran parte da española e na de América e Portugal. Participou en congresos internacionais celebrados en Portugal.

Foi colaborador habitual da prensa local, en especial de La Voz de Ortigueira e do Heraldo de Vivero. O 29 de outubro de 1988 o Concello de Ortigueira aprobou por unanimidade o seu nomeamento como fillo adoptivo de Ortigueira, a proposta do concelleiro Manuel López Foxo (BNG).

Obras[editar | editar a fonte]

Escritor prolífico, unha gran parte da súa produción viu a luz en edición de autor. Fixo estudos teóricos sobre historia, zooloxía e biografías. Sobre aspectos históricos relacionados con Viveiro escribiu numerosos artigos. Tamén se interesou pola zooloxía, publicou varios libros de ensino e relixión, e cultivou algo a poesía.

  • Introducción al estudio de la religión (doctrina cristiana). Imprenta Fojo, Ortigueira. 1939. 118 páxs.
  • Curso de Lengua Latina. Imprenta Fojo, Ortigueira
  • Luis Trelles y Vicente Cociña. Dos vivarienses del siglo pasado, 1948.
  • Pastor Díaz dentro del romanticismo. Madrid, Instituto Miguel de Cervantes (CSIC), 1949. 688 páxs.
  • Estampas de Vivero. Viveiro, 1952
  • Curso de lengua portuguesa, 1958.
  • Portugal nas letras espanholas durante o medievo, 1959.
  • Pensamientos y aficiones científicas, 1960.
  • El Pastor de Cariño: don Jesús Crecente Veiga, en colaboración con Manuel Blanco Villar. Imprenta Fojo, Ortigueira.
  • Leyendas gallegas. Madrid, 1968. 29 páxs.
  • De Galicia en el pasado siglo XIX. Ladrones, lobos, villas, tipos populares y otros temas. Prólogo de Ramón Otero Pedrayo. Imprenta Fojo, Ortigueira.1971.
  • Barbas, barbudos y barbudas, 1972.
  • Nicomedes Pastor Díaz. De Villahermosa a la China, 1972.
  • Diferenças entre o vocabulario portugués e o galego, 1972.
  • Algumas diferenças entre o galego e o portugués, 1973.
  • Nuevo tría corda. Versos y prosas y traducciones en varias lenguas, 1974.
  • Tres monstruos de los mares gallegos, con otros temas marineros. Imprenta Fojo, Ortigueira. 1975. 337 páxs.
  • La costa lucense y coruñesa en los caminos de San Andrés de Teixido.
  • Vivero a los cuatro vientos, 1976.
  • Libro y guía de Vivero, 1976.
  • Da Galiza e Portugal, 1976.
  • Los normandos en Galicia y otros temas medievales, 1977.
  • Cien años de Galicia, Tomo I, El bandolero Toribio, seminarios, cronistas y otros temas (1850-1950). Viveiro, 1977. 315 páxs.
  • Farrapos e farangullas, 1978.
  • Manuel Bujados: un artista vivariense olvidado, 1978.
  • La antigua muralla de Vivero y sus puertos, 1981.
  • Leyendas de Galicia y otros temas narrativos, 1981.
  • Yobel: memorandum en el año de mi jubilación profesoral: 1908-1978.
  • La zoología y los animales en la obra del padre Feijóo. Ed. do Castro, Sada, 1983. 376 páxs.
  • Breviario de pueblos coruñeses: veinticinco estampas, 1986.
  • Historia de Vivero. Ed. do castro, Sada. 1986. 322 páxs.
  • Libro de Santa Marta de Ortigueira. Imprenta Fojo, Ortigueira, 1987. 193 páxs.
  • De las costas del condado de Ortigueira hasta El Ferrol. A Coruña, 1983. 168 páxs.
  • Para Ortigueira, mi segunda patria chica. Imprenta Fojo, Ortigueira.1988. 73 páxs. (discurso con motivo do nomeamento como Fillo Adoptivo de Ortigueira).
  • Hechos y trágica muerte de D. Alonso Pérez de Vivero. Discurso lido o día 24 de abril de 1954 polo ilustrísimo señor don Enrique Chao Espina e resposta do excelentísimo señor don Sebastián Martínez-Risco. Real Academia galega, A Coruña, 2019.44 páxs.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Pérez Lugín (1945).
  • Virxe do Carme (1947, 1949 e 1951).
  • Certames do Corpus da Coruña.
  • Primeiro premio no certame literario entre portugueses e españois, Lugo, 1946.
  • Primeiro premio de romances en galego nos Xogos Florais de Betanzos.
  • Primeiro premio en prosa nos Xogos Florais do Cantábrico (1966).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Enrique Chao Espina". Real Academia Galega. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]