Tomás Barros
Tomás Barros Pardo, nado en Toledo o 3 de febreiro de 1922 e finado na Coruña o 3 de setembro de 1986, foi un pintor e escritor galego.
Pintor, poeta, ensaísta, autor teatral, novelista, articulista, catedrático, e membro correspondente da Real Academia da Lingua, Tomás Barros é un dos intelectuais galegos máis prolíficos do extrañamento interior, grupo de intelectuais antifranquistas que non optaron polo exilio pero cos que compartiron inquedanzas e colaboracións, tal como sucedeu no caso de Barros con Luis Seoane, Rafael Dieste, Vicente Aleixandre, Celso Emilio Ferreiro ou seu primo Isaac Díaz Pardo.
Índice |
Traxectoria [editar]
Nado accidentalmente en Toledo en 1922, a familia retorna en 1929 á cidade orixinaria dos seus pais, Ferrol, onde residirá o resto da súa infancia e adolescencia. Tras estudar Maxisterio en Santiago de Compostela, marcha a Madrid en pos da licenciatura en Belas Artes da academia de San Fernando. Durante máis de trinta anos exercerá a Cátedra de Debuxo e Expresión Plástica na escola de Maxisterio de A Coruña, compaxinando a docencia ca creación artística ata o final dos seus días.
A súa actividade literaria desprégase dende os inicios da década dos 50, ca publicación da súa primeira obra poética en 1950 baixo o título de Gárgolas, e a fundación en 1952 da revista de poesía e crítica literaria Aturuxo, xunto ós ferroláns Mario Couceiro e Miguel C. Vidal. O longo da década Barros publica sucesivas obras poéticas e teatrais, así como unha crecente produción ensaística en periódicos e revistas. En 1975 funda a revista de poesía Nordés xunto a Luz Pozo Garza, e en 1973 acada o Premio Internacional de Poesía do Círculo de Escritores y Poetas Iberoamericanos de Nueva York. Nos 80, a produción literaria de Barros inclue varias pezas dramáticas e abundantes artigos periodísticos e de ensaio.
A súa produción pictórica, de crecente tendencia abstractiva a partir da década dos 60, caracterízase por unha preocupación polo ritmo, a forma e o color manifesta polo propio artista en varios dos seus ensaios.
Obra escrita en galego [editar]
Poesía [editar]
- Berro diante da morte, 1963, Galaxia.
- Abraio, 1978, Edicións do Castro.
- Vieiro de señardade, 1987, Edicións do Castro.
Teatro [editar]
- Tres pezas de teatro, 1981, Edicións do Castro.
- A casa abandoada, 1985.
- Fausto, Margarida e Aqueloutro, 1993, Edicións do Castro.
Obras colectivas [editar]
- Antoloxía da poesía galega actual. Nordés, 1978, Edicións do Castro.
Obra escrita en castelán [editar]
Poesía [editar]
- Gárgolas, 1950, Benito Soto.
- El helecho en el tejado, 1957.
- La estrella y el cocodrilo, 1960, Ferrol.
- Los ojos de la colina, 1963, Bilbao.
- A imagen y semejanza, 1973, CLA, Bilbao.
Teatro [editar]
- Panteón familiar, 1956.
Narrativa [editar]
- El rastro invisible, 1990, Edicións do Castro.
Ensaio [editar]
- Los procesos abstractivos del arte contemporáneo, 1965, Edicións do Castro.
- Sobre el origen de la corteza en los astros, 1973.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- IRIZARRY, Estelle y POZO GARZA, Luz: Estudios sobre la obra de Tomás Barros, Universidade da Coruña, 1992.
- LOPEZ GARCÍA, Antía: Tomás Barros. Tal vez unha sede de luz, Biblioteca Ferrolterra, 2001.
- McDERMID, Paul: "Tomás Barros and his Faust: Love, Mystery and Synchronicity", en Galicia 21, 2011