Xoán Rof Carballo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xoán Rof Carballo, nado en Lugo o 10 de xuño de 1905 e finado en Madrid o 11 de outubro de 1994, foi un médico galego e un dos principais ensaístas da editorial Galaxia durante as décadas de 1950 e 1960, participando nalgunhas publicacións conxuntas realizadas por Galaxia (Sete ensaios sobre Rosalía).

Índice

[editar] Traxectoria

Fillo do veterinario Juan Rof Codina, mudouse coa súa familia á Coruña xa de novo.

Licenciado en Medicina, cursou estudios en Compostela, Barcelona e Madrid. En 1932 prosegue a súa formación en Viena, e tras uns estudios en Colonia regresa a Madrid en 1933 para doutorarse xunto a Carlos Jiménez Díaz. O Alzamento Nacional de 1936 sorprendeuno en Berlín, e non regresou a España ata o final da contenda, traballando nese período en Viena, Copenhague e París. Traballa con Jiménez Díaz ata 1948. En 1949 publica Patología Psicosomática, e a partir de 1950 comeza a colaborar con Gregorio Marañón, que o definiu como un "francotirador do espírito".

Entre os seus ensaios destacan títulos como Entre el silencio y la palabra (1957), Violencia y ternura (1967), Signos en el horizonte (1972) ou Los duendes del Prado (1990).

[editar] Recoñecementos

Malia o respecto que lle mostraban os seus contemporáneos intelectuais - como Ortega y Gasset, que cualificou a súa obra de "volumen catedralicio"-, tan só nos últimos anos da súa vida comezou a recibir recoñecemento, ó ser nomeado membro da Real Academia de Medicina e da Real Academia Española.

[editar] Legado

O seu maior legado consiste nunha nova concepción das relacións entre médico e paciente, achegando novos métodos -máis próximos á psicoloxía que á medicina en si- no trato ós enfermos, o que o levou a ser considerado non exactamente como un doutor, senón como un "curador", como o definía Domingo García-Sabell. Na actualidade a súa obra é obxecto de diversos estudos.

En 1957 publicou Mito e realidade da Terra Nai. Tamén colaborou activamente na revista Grial, onde publicou numerosos artigos.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas