Xosé Luís Méndez Ferrín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Méndez Ferrín.

Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938[Cómpre referencia], é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea e membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000[1].

Índice

[editar] Traxectoria

Na súa infancia reside en Ourense con estancias en Vilanova dos Infantes, Celanova. Na cidade de Ourense fai o primeiro curso de Bacharelato e trasládase despois (1949) coa súa familia a Pontevedra. É alí onde remata os estudos de grao medio. Na Pontevedra dos anos 50 vai tomando conciencia da realidade lingüística e cultural e do papel que o galeguismo de preguerra, coa silenciada figura de Castelao ao fondo, desempeñara na reconstrución nacional.

En 1955 el e a súa familia trasládanse a Vigo. Neste momento comeza a estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Alí toma contacto co galeguismo cultural nucleado na Editorial Galaxia en torno á figura de Ramón Piñeiro, pero non tardará en reclamar unha nova articulación da oposición política ao franquismo e do propio nacionalismo, o que provocará a súa expulsión, xunto con outros mozos, do Consello da Mocedade. En 1956 foi primeiro premio de poesía nas Festas Minervais de Santiago. En 1957 vai a Madrid onde tres anos despois licénciase en Filoloxía Románica. Nesta cidade mantén estreito contacto cos focos galeguistas e de esquerda alí ubicados. Así, en 1958, créase o grupo Brais Pinto. O grupo constituíuse en torno á editorial do mesmo nome. En 1961 segue un curso de cultura inglesa na Universidade de Oxford. Entre os anos 1963 e 1965 realiza diversas viaxes por Europa. Tras facer o servizo militar en Canarias, pasa dous anos (1962 e 1964) en Lugo exercendo de profesor no Colexio Fingoi até que en 1965 obtén a Cátedra de Lingua e literatura Española do Instituto Santa Irene de Vigo instalándose finalmente nesa cidade.

Debido á súa actividade política foi procesado en tres ocasións -a última, cando xa estaban en vigor as institucións democráticas españolas-, sufrindo torturas e varios ingresos no cárcere.

Recentemente xubilou e retirouse do seu posto de profesor de literatura no Instituto Santa Irene. Tamén é columnista no xornal Faro de Vigo e dirixe a revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro, que ten marcado de xeito notábel na última década o devir da nosa cultura coa difusión de problemas e investigacións sobre cuestións diversas con aproximacións interdisciplinares e baixo unha dupla perspectiva nacional e universal. Ferrín é membro da Real Academia Galega e Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo. É Doutor en Filoloxía.

Xosé Luís Méndez Ferrín foi proposto ó Premio Nobel de Literatura no ano 1999 pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e vai ser proposto outra vez en breve. Foi galardoado con moitos premios coma o Premio da Crítica, Premio da Crítica Española, Premio da Crítica de Galicia, Premio Losada Diéguez ou o Premio Eixo Atlántico. No 2008 recibiu o Premio Nacional de Literatura[2], que integra os Premios Nacionais da Cultura Galega.

[editar] Actividade política

Xa en 1958 forma parte do grupo plástico-literario Brais Pinto, de tendencia nacionalista e moi influído pola estética beat. Nas súas viaxes por Francia e Inglaterra toma contacto co marxismo, un feito transcendental para a súa biografía mais tamén para a evolución do nacionalismo galego na segunda metade do século XX. En sintonía con exiliados coma Luís Soto, Méndez Ferrín xulgará única saída posible para a Galicia contemporánea a fusión entre galeguismo radical e marxismo-leninismo, consonte os movementos de liberación nacional que triunfaban en Cuba, Vietnam ou Alxeria. Este proceso ideolóxico culminará, en 1964, na creación da Unión do Povo Galego. Debido á súa actividade política, Ferrín foi acusado de propaganda ilegal en 1967 e estivo detido na prisión do Príncipe de Vigo. En 1968 foi procesado por rebelión militar pero a causa finalmente foi sobreseída. En 1969, durante o estado de excepción, volve ser detido, xulgado e condenado a dous anos de cárcere por propaganda ilegal, dos que cumpriu parte en diversos penais. En 1972, debido ás folgas de maio e setembro en Vigo, houbo contra el unha orde de busca e captura o que lle obrigou a pasar á clandestinidade. En 1977 participa na formación da Unión do Povo Galego-liña proletaria, que se convertirá en 1978 no Partido Galego do Proletariado, e en 1979 na Organización de Liberación Nacional Galicia Ceibe. En 1980 é detido baixo a acusación de tenza de armas, pasou tres meses no cárcere de Segovia antes de ser posto en liberdade, xulgado pola Audiencia Nacional quedou absolto. Na actualidade sostén iniciativas políticas e sociais como as Redes Escarlata e é membro destacado da organización política FPG (Frente Popular Galega).

[editar] Estilo literario

[editar] Narrativa

Toda a narrativa de Ferrín réxese, en xeral, por uns mesmos principios que lle conferen certa unidade: no transcorrer da mesma vanse repetindo temas, personaxes, espazos e técnicas narrativas. Asemade toda ela liga coa tradición literaria galega e coa literatura universal do século XX. As principais características son:

  • Preocupación crítica e revolucionaria polos problemas de Galiza.
  • Intertextualidade: repítense personaxes e espazos, e incorpóranse tamén outros pertencentes a outras obras literarias de todos os tempos.
  • Flutuación entre o real e o ficticio.
  • Recorrencia ó mundo onírico, ás veces difícil de distinguir do real.
  • Presenza do misterioso, do inexplicable, e predominio da violencia e a morte.
  • Creación de espazos literarios (Tagen Ata, Terra Ancha...), e abundancia de espazos pechados.
  • Nas tres primeiras obras as personaxes son antiheroes, mentres que a partires de Retorno a Tagen Ata aparecen con frecuencia o heroe revolucionario e os seus antagonistas: o traidor e o inimigo.
  • Ás veces as personaxes sofren metamorfoses e transfórmanse.
  • Desenlaces sorprendentes e paradoxais.

[editar] Obras publicadas

[editar] Poesía

[editar] Narrativa

[editar] Outros xéneros

  • O Cancioneiro de Pero Meogo, 1966.
  • De Pondal a Novoneyra, 1984.
  • Conversas con Xosé Luis Méndez Ferrín, 2006.
  • Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos. 2007.

[editar] Premios

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais