Luís Rei Núñez
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luís Rei Núñez, nado na Coruña en 1958, é un escritor e xornalista galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
Vive en Pontevedra. Foi Xefe da sección de Cultura da TVG.
En 2009 gañou o Premio Blanco Amor coa novela Monte Louro.
[editar] Obra
[editar] Narrativa
- Imán Fisterra (1995, Ir Indo Edicións).
- Expediente Artieda (2000, Xerais). Premio Xerais.
- A estrela dos polisóns (2003).
- Toda a vida (2005).
- O señor Lugrís e a negra sombra (2007, Xerais). Premio da Crítica de narrativa galega.
- Monte Louro (2009, Xerais).
- Cita en Fisterra (2011, Xerais).
[editar] Poesía
- A rolda invisible (1988, Vía Láctea).
- A casa na brétema (1994, Espiral Maior).
- Alma mareira (2003, Deputación de Pontevedra).
[editar] Ensaio
- A travesía dun século (1987, Edicións do Castro, biografía de Rafael Dieste).
- Poetas Andantes Navegantes (1995, Edicións do Castro).
- Muros (2002).
[editar] Traducións
- De tanto ollar, de Eugénio de Andrade (1992, Vía Láctea).
[editar] Obras colectivas
- Materia prima (2002, Xerais).
- Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
- Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais).
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
- Tamén navegar (2011, Toxosoutos).
- Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (2011, A Nave das Ideas).
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |