Manuel Gómez Román
Manuel Gómez Román, nado en Vigo o 24 de xullo de 1875 e finado na mesma cidade o 11 de novembro de 1964, foi arquitecto galego.[1]
Índice |
Traxectoria [editar]
Cunha fonda afección dende neno pola pedra labrada, comeza en Madrid a carreira de arquitecto pero logo abandónaa en 1896 incitado polo seu temperamento bohemio, artístico e rebelde, que lle leva a enfrontarse cun profesor.
Durante estes anos dedícase á construción e a dar clase de debuxo nunha academia fundada por el. En 1914 retoma a carreira de Arquitectura, empurrado fundamentalmente polo seu amigo e mentor Antonio Palacios Ramilo, e conclúena en 1917, con 41 anos de idade.
Mais nesa época xa ten unha considerable obra, firmada acotío por compañeiros como Luis Vidal e Guasón, Manuel Felipe Quintana ou Jenaro de la Fuente. De esta etapa son os Almacéns Simeón, a casa para Enrique Mulder, a Casa do Pobo para o sindicato UGT ou a casa para Saturnino García.
Pouco a pouco a obra de Gómez Román vai derivando deica o galeguismo arquitectónico, dada a súa fidelidade aos materiais e estilos do país. Durante estes años realiza innumerábeis bocetos, sobre todo para a Exposición Internacional da Pesca, que se ía celebrar en Vigo e que finalmente vese malograda.
Nos anos trinta entra en política, aspirando á alcaldía de Vigo pola Fronte Popular e chegando incluso a ser Secretario Xeral do Partido Galeguista.
Trala guerra civil é nomeado Vicepresidente da Editorial Galaxia e tamén Vicepresidente da Fundación Penzol. En 1951 ingresa na Real Academia Galega e promove xunto con Francisco Fernández del Riego e Xesús Ferro Couselo a conmemoración do Día das Letras Galegas.
A súa obra arquitectónica enténdese por mais de dúas mil obras en diferentes cidades galegas. Colaborou tamén con debuxos artísticos e caricaturas na prensa galega e ademais publicou diversos traballos sobre as características da arquitectura galega.
Arquitectura e características [editar]
A súa opinión arquitectónica céntrase nos seguintes puntos:
- A centralidade de Compostela como norma no aspecto artístico, xa que a basílica compostelá resume as manifestacións culturais, resolve problemas construtivos e compendia expresións iconográficas.
- A esixencia dunha Escola de Arquitectura en Santiago de Compostela, cun plano de estudos no que se esixise un coñecemento das construcións santiaguesas para poder exercer a profesión de arquitecto.
- Aínda que o seu acento se atope rexamente vencellado ó pasado, pretendía actualizar e chegar á modernidade cun sinal propio de identidade.
- O aproveitamento dos abondosos materiais nobre que ofrece a terra galega, así coma das condicións de acertada pericia da man de obra (especialmente de canteiros), figura que pretendía recuperar e situar no lugar que lles corresponde.
- Completar os estudos que se teñen feito da propia arquitectura galega para incorporarse á modernidade da nova arquitectura sen necesidade dun mimetismo que consideraba evitable.
Obra [editar]
Vigo [editar]
- Proxecto para os Almacenes Simeón (1906).
- Casa para Enrique Mulder (1910).
- Casa do Pobo para o sindicato UGT (1911).
- Casa para Saturnino García, na praza de Compostela nº 31, 32 e 33, con esquina a García Olloqui (1912).
- Sede do Banco de Vigo (hoxe sede do Banco Pastor), no cruce das rúas Colón e Policarpo Sanz (1919-23).
- Edificio de Vivendas para Severino G. Besada e a Casa de Correos e Telégrafos, na praza de Compostela (1920).
- Vivendas para Vicente Coma, na rúa Urzaiz (1921).
- Edificio de vivendas para Manuel Millán, na rúa Lepanto (1921).
- Proxecto de edificio José Pastoriza, no Paseo de Alfonso XII (1922).
- Antigo Edificio da Caixa de Aforros, (hoxe Club de Xubilados de Caixanova), na Ronda de Don Bosco con esquina á rúa Velázquez Moreno (1924).
- Chalet para Giménez Cuenca.[2]
- Proxecto de ampliación do piso principal xa existente e construción do segundo do Círculo Mercantil (1926).
- Fábrica de conservas Bernardo Alfageme (1929).
- Chalet Agarimo, na rúa Tomás A. Alonso, nº 4 (1931).
- Edificio de vivendas de Pi y Margall, nº 119 e o edificio Arbones Vila, situado na rúa Murillo, nº 5 (1942).
- Proxecto de Ermida da Guía (1951).
Lugo [editar]
- Palacete de Santo Domingo, esquina San Marcos (1925).
- Proxecto das Escolas Pedagóxicas da Granxa de Barreiros (1948).
- Proxectos do Colexio Fingoi, o chalet de Antonio Fernández López, e o chalet de Álvaro Gil Varela (1950).
- Complexo industrial de Frigsa[Cómpre referencia] (1951).
- Ampliación do Museo Provincial de Lugo. (1957).
Noutros lugares [editar]
Galería de imaxes [editar]
-
Edificio Simeón, Porta do Sol.
Notas [editar]
- ↑ Gómez Román, o arquitecto que apostaba pola soberanía estética na páxina do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (delegación de Vigo), extraído de La Voz de Galicia.
- ↑ Catálogo de Bens Culturais.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Revista Galicia Emigrante, nº 10 (Buenos Aires) Marzo de 1955, páxina 18.