Roberto Blanco Torres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roberto Blanco Torres
Roberto Blanco Torres
Nacemento: 18 de marzo de 1891
Cuntis, provincia de Pontevedra Flag of Galicia.svg Galicia
Falecemento: 3 de outubro de 1936
Entrimo, provincia de Ourense Flag of Galicia.svg Galicia
Lingua: Galego
Xénero(s): Poesía
Cónxuxe(s): Xulia Sánchez Novoa

Roberto Blanco Torres, nado en Cuntis o 18 de marzo de 1891 e finado en Entrimo o 3 de outubro de 1936, foi un xornalista e poeta galego. Deu os primeiros pasos na poesía da man das vangardas artísticas. A súa obra poética é cualificada polos críticos como dunha grande beleza e intensidade expresiva. Outra das facetas deste home de letras é a de xornalista. O seu traballo nos medios impresos foi moi extenso e variado. A sinatura de Roberto Blanco Torres nas columnas de opinión caracterizou practicamente unha época xornalística.

Ademais de ser colaborador asiduo da prensa galega dirixiu varios xornais. As súas columnas desprenden o talante combativo que caracteriza toda a súa obra. Dende Cuntis, a súa vila natal, emigrou a Cuba. Este desterro condicionou a súa personalidade, que se foi forxando pouco a pouco no transcorrer dos anos. Comprometido co seu tempo, evolucionou politicamente dende o agrarismo ata o galeguismo.

Á súa figura dedicouse o Día das Letras Galegas de 1999.

Índice

[editar] Traxectoria

O menor de nove irmáns dun sacerdote dispensado, seu pai deulle unha sólida cultura clásica, seguindo os pasos dos seus irmáns maiores en 1906 emigrou a Cuba, alí comeza a colaborar na prensa da comunidade galega, para o que emprega o pseudónimo de Fray Roblanto, o trato con Antón Villar Ponte e Ramón Cabanillas foron decisivos para a súa traxectoria ideolóxica.

O semanario Follas Novas da Habana vai ser a primeira publicación que acepte os seus artigos en setembro de 1907. Tamén colaborou con Santos e Meigas, Suevia e Galicia.

En 1910 aparece o seu primeiro artigo na prensa galega, concretamente na revista Vida Gallega. No mes de decembro de 1911 dirixe a revista La Alborada e dende abril de 1915 La Tierra Gallega, dende onde ataca a algúns dos administradores do Centro Gallego de La Habana, ao tempo que colabora na prensa cubana, en especial no Diario de la Marina e El Comercio.

A fins de 1916 regresa a Galicia, establécese na Coruña, participa nas Irmandades da Fala e a comezos de abril de 1917 publica o seu primeiro artigo n' A Nosa Terra, participa na I Asemblea Nacionalista celebrada en Lugo en decembro de 1918.

Desde 1927 é redactor xefe de El Pueblo Gallego.

En 1920 faise cargo da dirección de El Correo Gallego de Ferrol, en 1921 pasa a dirixir La Zarpa en Ourense ata 1923 no que é redactor xefe de Galicia. Diario de Vigo. En 1926 casa con Xulia Sánchez Novoa e durante uns meses de 1927 é o redactor xefe de El Pueblo Gallego.

En 1929 publica Orballo da media noite, colección de 31 poemas, nos que amosa o coñecemento dos recursos da poesía vangardista e futurista, e en 1930 sae do prelo De esto y de lo otro, unha escolma de 38 artigos xornalísticos. Participou na creación da Asociación Galega de Escritores (1930).

Blanco Torres foi membro do comité executivo da Federación Republicana Gallega e en marzo de 1931 asumiu a dirección de La República de Ourense, ao tempo que comezou a desilusionarse coa actuación do seu grupo político na consecución da autonomía para Galicia, aínda así aceptou o cargo de gobernador civil de Palencia entre o 29 de decembro de 1931 e o 16 de xuño de 1932. En 1935 dirixiu El País de Pontevedra, e dende maio de 1936 foi o xefe do gabinete de prensa do Ministerio de Gobernación, e participou activamente na campaña para a aprobación do estatuto de autonomía de Galicia.

A sublevación militar do 18 de xullo de 1936 sorprendeu a Blanco Torres na aldea de Amido, no concello da Peroxa, na casa familiar da súa muller, detido en setembro foi levado á prisión de Ourense, e o 3 de outubro de 1936 foi paseado polos falanxistas que o fusilan no concello de Entrimo. Por orden xudicial, foi soterrado nunha fosa común da igrexa parroquial de San Fiz de Galez no concello de Entrimo.

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Durán, Xosé (1999), Roberto Blanco Torres - Xornalista e poeta, Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-253-6.
  • Seixo, Marcos (1998), Roberto Blanco Torres, Vigo: Editorial A Nosa Terra. ISBN 84-89976-50-3.

[editar] Ligazóns externas


Predecesor:
Mendinho , Martín Codax e Xohán de Cangas
en conxunto
Día das Letras Galegas
1999
Roberto Blanco Torres
Sucesor:
Manuel Murguía
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas