Ramón Otero Pedrayo
| Ramón Otero Pedrayo | |
|---|---|
| Placa en Lugo de Otero Pedrayo, dunha serie adicada a escritores galegos. | |
| Nacemento: | 5 de marzo de 1888 Ourense |
| Falecemento: | 10 de abril de 1976 Ourense |
| Lingua: | Galego castelán |
| Xénero(s): | Poesía, novela, ensaio |
| Cónxuxe(s): | María Josefa Galán Bustamante |
| Nota(s): | Día das Letras Galegas no 1988. |
Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un escritor, político e intelectual galego, membro da Xeración Nós.
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1988.
Índice |
[editar] Traxectoria
Foi profesor catedrático de instituto na materia de Xeografía e Historia, primeiro en Burgos e Santander, e logo en Ourense. No ano 1918 ingresa nas Irmandades da Fala. Patriarca das letras galegas, este ourensán de pro pertencente á Xeración Nós é un dos máis preclaros escritores galegos. Durante a Guerra Civil foi deposto da súa cátedra e salvou a vida grazas ás boas relacións que mantiña coa cúpula da igrexa ourensá.
Non houbo xénero que el non traballase: ensaio, novela, poesía, ademais dos estudos científicos de xeografía da súa cátedra da Universidade de Santiago. Militante do Partido Galeguista foi deputado nas Cortes da República.
Entre as súas novelas destacan Os camiños da vida e O mesón dos Ermos, descrición minuciosa dos costumes e da vida rural galega. Pero a máis coñecida é Arredor de si que pode considerarse como parcialmente autobiográfica e que nos permite albiscar os camiños que percorreron os integrantes da chamada Xeración Nós ata o galeguismo. Neste sentido "autobiográfico" Arredor de si complétase cos artigos "Dos nosos tempos", de Florentino López Cuevillas, e mais con "Nós, os inadaptados" de Vicente Risco, estes dous últimos aparecidos na revista Nós.
Hoxe a Fundación Otero Pedrayo e mais a Fundación Penzol gardan a biblioteca así como os documentos e escritos do ilustre galego e continúa o seu labor na casa-museo de Trasalba. Foi soterrado no Cemiterio de San Francisco (Ourense).
[editar] Obra en galego
As súas obras, agás as de ensaio, ordenadas cronoloxicamente son:
- Pantelas, home libre (relatos breves) (1925)
- O purgatorio de don Ramiro (relatos breves) (1926)
- Escrito na néboa (relatos breves) (1927)
- Os camiños da vida (novela en tres libros) (1928, Nós)
- A lagarada (teatro) (1928)
- Arredor de si (novela) (1930)
- Contos do camiño e da rúa (relatos breves) (1932)
- Fra Vernero (novela) (1934)
- Teatro de máscaras (teatro) (1934)
- Devalar (novela) (1935)
- O mesón dos ermos (relatos breves) (1936)
- O desengano do prioiro (teatro) (1952)
- O libro dos amigos (ensaio) (1953, Bos Aires)
- Entre a vendima e a castiñeira (1957, Galaxia) (relatos breves)
- Bocarribeira. Poemas pra ler e queimar (poesía) (1958, Madrid)
- Rosalía (diálogo aparentemente teatrais) (1959)
- O señorito da Reboraina (novela) (1960)
- O fidalgo e a noite (diálogo aparentemente teatrais) (1970)
- Noite compostelá (diálogo aparentemente teatrais) (1973)
- O Maroutallo (1974) (relatos breves)
- O fidalgo e outras narracións (1982, Galaxia).
[editar] Obra en castelán
- Guia de Galicia (1926)
- Las palmas del convento (1941)
- Vida del Doctor Don Marcelo Macías y García (1943)
- Adolescencia (1944)
- La vocación de Adrián Silva (1949)
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de Otero Pedrayo
-
Casa natal de Otero Pedrayo (rúa da Paz, Ourense)
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Carlos Casares (1991), Ramón Otero Pedrayo, Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-7154-387-5.
[editar] Ligazóns externas
| Predecesor: Francisca Herrera Garrido |
Día das Letras Galegas 1988 Ramón Otero Pedrayo |
Sucesor: Celso Emilio Ferreiro |
|
||||||||