Ensaio (literatura)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O ensaio é un xénero literario prosístico mediante o que se expoñen temas filosóficos, literarios, científicos, políticos... Malia a súa pluralidade en canto a manifestacións históricas e na selección temática, habitualmente está delimitado por unha acción discursiva problematizadora na que son dominantes os elementos persuasivos e reflexivos sobre outros que se poida considerar.

O introdutor do xénero foi o francés Michel de Montaigne nos seus Ensaios (1580).

A argumentación e a exposición son sistemas de elocución propios da prosa ensaística, que debe fuxir da ambigüidade e desenvolverse dentro da obxectividade, a claridade e o rigor, rexeitar o accidental e tentar abrir novas portas aos interesados polos temas de que se trate.