Edicións Laiovento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Edicións Laiovento é unha editorial galega rexistrada en Santiago de Compostela. Ten un repertorio máis de 200 libros e ensaios críticos, con cada vez un maior número de traducións.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fundada en 1991 por Xosé Manuel Beiras, Pepe Carreiro, Xesús Couceiro, Manolo González Millares, Francisco Pillado e Afonso Ribas. O nome tomárono dun texto dramático de Ramón Otero Pedrayo.

Publica ensaio, narrativa e teatro nas súas coleccións Laiovento, Vento do Sul (autores portugueses), Breviarios (divulgación) e Fóra de Serie.

O seu organigrama, cando a fundación, era o seguinte:

Francisco Pillado deixou a dirección da editorial en marzo de 2014.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Francisco Pillado deixa a dirección de Laiovento, en Praza pública, 4 de marzo de 2014.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]