Ediciós do Castro
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Castro.
Ediciós do Castro é unha editorial galega fundada en Sada, en 1963, ao amparo do Grupo Sargadelos.
Índice |
[editar] Traxectoria
Foi impulsada por Isaac Díaz Pardo trala morte de Luís Seoane, e Andrés Fernández-Albalat Lois. Edita libros en galego e castelán case sempre sobre temas relacionados con Galicia, principalmente sobre a Guerra civil española e a emigración, e en concreto agrupados boa parte deles na colección Documentos. Os seus ISBN máis habituais son 84-7492 e 84-8485.