Celso Emilio Ferreiro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Celso Emilio Ferreiro Míguez, nado en Celanova o 6 de xaneiro de 1912 e falecido en Vigo o 31 de agosto de 1979, foi un escritor e político galeguista.
Índice |
[editar] Traxectoria
Era de familia acomodada campesiña e galeguista, estudou na súa vila natal no colexio dos escolapios. Aos 20 anos, en 1932, organizou con Xosé Velo Mosquera, entre outros, as Mocedades Galeguistas de Celanova e participou na constitución da Federación de Mocedades Galeguistas en 1934. Pouco despois foi procesado por un artigo publicado en Guieiro, revista que el mesmo dirixía. Estudou dereito e contribuíu en diversos xornais e revistas. Mobilizado para a Guerra Civil Española polas tropas franquistas, despois da guerra estudou maxisterio e foi funcionario en Pontevedra e procurador en Vigo, ata que en 1966 emigrou a Venezuela, onde colaborou coa "Hermandade Galega", fundou o "Patronato da Cultura Galega", e traballou no gabinete do Presidente Caldera.
Ao volver da emigración instalouse en Madrid, onde traballou de xornalista. Ten prosa e poesía en castelán e galego, destacando na poesía en galego, de fundo contido social. Foi esta a que lle deu a sona de grande escritor.
Foille dedicado o Día das Letras Galegas en 1989.
[editar] Obra
- Cartafol de Poesía, Celanova, 1936
- Al aire de tu vuelo. Poemas, 1941
- Baladas, cantigas e donaires. Ediciones Céltiga, Pontevedra, 1947
- Musa Alemá. Colección Benito Soto, Pontevedra, 1951.
- Curros Enriques. Biografía. Moret, A Coruña, 1954 (1ª edición).
- O sono sulagado. Col. Alba, Vigo 1955.
- Voz y voto. (Col. Papel de Estraza. Montevideo). Vigo, 1955.
- Longa noite de pedra. (1962)- Esta obra é a máis senlleira e deulle nome a toda unha época da historia contemporánea de Galiza. Col. El Bardo, Barcelona, 1967; Akal, Madrid, 1978.
- Viaxe ao país dos ananos (1968). Akal, Madrid, 1979; Akal bolsillo 53, Madrid, 1981; Edicións Xerais de Galicia, Col. Biblioteca das Letras Galegas, 1998.
- Cantigas de Escarnio e maldecir. Ed. Nos. Caracas, 1968.
- Terra de ningures. Ed. Xistral. Col. Val de Lemos. Monforte, 1969.
- Paco Pixiñas. Historia dun lesleigado contada por il mesmo. Ed. do Castro. Sada, A coruña, 1970.
- Antipoemas. Col. Alamo. Salamanca, 1972.
- Autoescolha poética. Ed. Rasso actual. Porto. 1972.
- A fronteira infinda. Castrelos. Vigo, 1972.
- Cimeterio privado. Edicións Roi Xordo. Xenevra, 1973.
- Onde o mundo se chama Celanova. Editora Nacional. Madrid, 1975
- A taberna do Galo. Ed. Castrelos. Col. O moucho. Vigo, 1978.
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Celso Emilio Ferreiro