Teresa Portela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teresa Portela.jpg

María Teresa Portela Rivas, nada en Aldán (Cangas) o 5 de maio de 1982, é unha piragüista galega. É unha das figuras máis importantes deste deporte a nivel internacional.

Palmarés parcial[editar | editar a fonte]

Campionato Mundial de piragüismo (Gainesville, Estados Unidos, 2003):

  • Medalla de ouro en K-1 200 metros.
  • Medalla de prata en K-4 200 metros.
  • Medalla de bronce en K-4 500 metros.

Campionato de Europa de piragüismo (Poznan, Polonia, 2004):

  • Medallas de ouro en K-1, K-2 e K-4 en 200 metros.
  • Medallas de bronce en K-2 e K-4 en 500 metros.

Campionato Mundial de piragüismo (Zagreb, Croacia, 2005):

Campionatos de Europa de piragüismo (Racice, República Checa, 2006):

  • Medalla de ouro en K-1 200 metros.

Campionato Mundial de piragüismo (Szeged, 2006):

Campionato Mundial de piragüismo (Duisburgo, 2007): Nos mundiais de 2007 Portela só participou no K4 500 m a canda a galega Sonia Molanes e as españolas Jana Smidakova e Isabel García Suárez. Despois dunhas series de trámite, gañaron a súa semifinal, cun tempo de 1'37"871, só superado polo crono da embarcación chinesa. Porén, na final só puideron ser sétimas cun tempo de 1'39"791, que non lles permitiu a clasificación directa para os Xogos de Beixín.

Campionatos de Europa de piragüismo (Milán, Italia, 2008):

  • Medalla de bronce en K-4 500 metros, a canda a galega Sonia Molanes e as españolas Jana Smidakova e Beatriz Manchón, co que se clasificaron para os Xogos de Beixín.

Xogos Olímpicos de Londres 2012: 4º posto nos 200 m na categoría K-1 (45:326)

Ademais foi subcampioa de Europa júnior en K-2, campioa de España júnior e cuarta no Mundial xuvenil. Tamén recibiu en varias ocasións o Premio Piragüismo Galicia e, en 2005, o Premio Galicia Deporte á mellor deportista na categoría feminina, concedido pola Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]