Diocese de Mondoñedo-Ferrol
| Diocese de Mondoñedo - Ferrol Diœcesis Mindoniensis-Ferrolensis |
|
| Información xeral | |
|---|---|
| Erixida como diocese | 1114 (diocese de Mondoñedo) |
| Diocese sufragánea de | Santiago de Compostela |
| Xerarquía Apostólica | |
| Papa | Francisco |
| Bispo | Manuel Sánchez Monge |
| Bispo(s) Emérito(s) | José Gea Escolano |
| Xurisdición | |
A diocese de Mondoñedo-Ferrol (en latín: Dioecesis Mindoniensis-Ferrolensis) é unha sé sufragánea da Arquidiocese de Santiago de Compostela. No 2004 contaba con 286.097 bautizados sobre 288.998 habitantes. O actual bispo é Manuel Sánchez Monge.
Índice |
Territorio [editar]
A diocese está situada na parte máis setentrional de Galicia. O seu territorio ten 4.425 km² e subdivídese en 424 parroquias agrupadas en 7 arciprestados, pertencentes a 27 concellos da provincia de Lugo e 13 da provincia da Coruña. A sé episcopal sitúase na cidade de Mondoñedo, onde está a Catedral de San Martiño e a Basílica da Asunción. Na cidade de Ferrol encóntrase a segunda sé episcopal (Domus Ecclesiae), atopándose tamén a Concatedral de San Xiao.
Historia [editar]
A diocese de Bretoña ou Britonia fundouse no século VII, ocupando parte do territorio da Arquidiocese de Lugo, da que foi sufragánea ao principio. Tras a reconquista, no século IX, a sé foi restablecida e levada a San Martiño de Mondoñedo.
En 1071 pasou a ser sufragánea da arquidiocese de Braga e o 27 de febreiro de 1120 convértese en sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. No século XII a sé cambiou a Vilamaior e a finais do mesmo século pasou a Ribadeo, para volver, definitivamente de novo a Mondoñedo en 1219.
O 19 de marzo de 1959 toma o nome actual.
Estatísticas [editar]
A finais de 2004 a diocese tiña 286.097 bautizados nunha poboación de 288.998 persoas, o que supón o 99 % do total.
| ano | poboación | sacerdotes | diáconos | relixiosos | parroquias | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| bautizados | total | % | total | clero secular |
clero regular |
bautizados por sacerdote |
homes | mulleres | |||
| 1950 | 320.750 | 321.400 | 99,8 | 387 | 345 | 42 | 828 | 66 | 174 | 401 | |
| 1970 | 348.000 | 0,0 | 312 | 274 | 38 | 0 | 53 | 540 | 420 | ||
| 1980 | 325.900 | 327.000 | 99,7 | 319 | 294 | 25 | 1.021 | 33 | 476 | 421 | |
| 1990 | 340.000 | 342.000 | 99,4 | 244 | 217 | 27 | 1.393 | 35 | 406 | 424 | |
| 1999 | 355.000 | 360.000 | 98,6 | 227 | 209 | 18 | 1.563 | 23 | 302 | 424 | |
| 2000 | 357.000 | 362.000 | 98,6 | 222 | 205 | 17 | 1.608 | 22 | 287 | 424 | |
| 2001 | 358.000 | 364.000 | 98,4 | 223 | 209 | 14 | 1.605 | 21 | 296 | 420 | |
| 2002 | 360.000 | 366.000 | 98,4 | 225 | 214 | 11 | 1.600 | 19 | 225 | 424 | |
| 2003 | 298.073 | 301.095 | 99,0 | 200 | 183 | 17 | 1.490 | 35 | 258 | 426 | |
| 2004 | 286.097 | 288.998 | 99,0 | 204 | 181 | 23 | 1.402 | 29 | 303 | 426 | |