Aurora Marco
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aurora Marco López, nada en Noguera de Albarracín (provincia de Teruel) o 1 de febreiro de 1948, é unha ensaísta galega.
Índice |
Traxectoria[editar]
Doutora en Facultade de Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, cidade onde reside desde 1958. Exerce de catedrática de Lingua e Literatura Galega na Facultade de Ciencias da Educación da mesma Universidade. É presidenta da Sociedad Española de Didáctica de la Lengua y Literatura. Colabora habitualmente con múltiples revistas literarias.
Obra en galego[editar]
Ensaio[editar]
- Foula e ronsel. Os anos xuvenis de Carvalho Calero (1910-1941), 1992, Fundación Caixa Galicia.
- As precursoras. Achegas para o estudo da escrita feminina (Galiza 1800-1936), 1993, La Voz de Galicia.
- Mulleres e educación en Galiza. Vidas de mestras, 2002, Edicións do Castro.
- Avilés de Taramancos. Un francotirador da fermosura, 2003, Toxosoutos.
- Ramiro Paz Carbajal (1891-1936). Unha vida segada pola barbarie, 2003, Toxosoutos.
- Dicionario de mulleres galegas. Das orixes a 1975, 2007, A Nosa Terra.
- Mulleres na guerrilla antifranquista galega, 2011, Laiovento.
Edicións[editar]
- O Castelo de Pambre, de Antonio López Ferreiro, 1981, Edicións do Castro.
- Prosa miúda. Artigos non coleccionados (1927-1934), de Ramón Otero Pedrayo, 1988, Edicións do Castro.
- Teatro ignorado, de Ramón Otero Pedrayo, 1991, Laiovento.
- Fausto, Margarida e Aqueloutro, de Tomás Barros, 1993, edición bilingüe e estudo introdutorio, Edicións do Castro. Con Alfredo Rodríguez López-Vázquez.
- Língua, literatura e arte: aspectos didácticos, 1997, Santiago de Compostela.
- Queixas, de Áurea Lorenzo Abeijón, 2004, Toxosoutos.
- O cabalo de vidro, de Antón Avilés de Taramancos, 2008, Concello de Noia.
- Teresa Alvajar López. Memorias dunha republicana, 2012, Laiovento.
Obras colectivas[editar]
- Literatura Galega. Séculos Escuros e Rexurdimento, 1988, Vía Láctea.
- O teatro de Xesús Rodríguez López. Estudo e textos, 1988, Edicións do Castro. Con Araceli Herrero Figueroa.
- Actas do I Simpósio Internacional de Didáctica da Língua e a Literatura, 1991, Universidade de Santiago de Compostela.
- Simpósio Internacional Muller e Cultura, 1993, Universidade de Santiago de Compostela.
- A Escola Normal de Santiago de Compostela. De Escola Superior a Escola Universitaria (1849-1996), 2000, Universidade de Santiago de Compostela. Con Anxo Porto Ucha.
- Avilés de Taramancos: A paixón pola terra, 2004, Consello da Xuventude de Galicia.
Premios[editar]
- Premio Tomás Barros de investigación teatral no 1991.
- Premio Ánxel Fole de investigación literaria no 1992, por Foula e Ronsel. Os anos xuvenis de Carvalho Calero (1910-1941).
- Premio Luís Tilve á Investigación e Divulgación Histórica no 2012, por As mulleres na guerrilla antifranquista galega.
Obra en castelán[editar]
Ensaio[editar]
- El gallego de López Ferreiro, 1978, Universidade de Santiago.
Obras colectivas[editar]
- Estudios sobre mujer, lengua y literatura, 1996, Universidade de Las Palmas e Universidade de Santiago.
- Lo Femenino y lo Masculino en el Diccionario de la Lengua de la Real Academia Española, 1998, Ministerio de Asuntos Sociais.
- Lecturas de Museo. Orientaciones sobre la recepción de relaciones entre la literatura y las artes, 2000, Universidade de Santiago.
- Actas del VII Congreso Internacional de la Sociedad Española de Didáctica de la Lengua y la Literatura, 2004, Deputación da Coruña.