Gonzalo Navaza
Gonzalo Ramón Navaza Blanco, nado en Lalín o 28 de febreiro de 1957, é un escritor galego, tradutor, estudoso da toponimia, actor de teatro e profesor titular de literatura na Universidade de Vigo. Actualmente vive en Peitieiros, Gondomar.
Índice |
Traxectoria [editar]
O último de once fillos, en 1983 tivo que facer o servizo militar, tendo como destinos Figueres e Berga (en Cataluña), logrando ser considerado inútil ("psiconeurótico obsesivo") intencionadamente.
Como escritor ten cultivado diversos xéneros. Dirixiu a elaboración dos dicionarios de galego da editorial Xerais no ano 1988, chegando a crear o máis vendido da historia do galego (O pequeno Xerais).
O seu labor de investigador da toponimia callou na publicación de Fitotoponimia galega, un voluminoso volume editado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza onde analiza os topónimos do sueste galego procedentes de nomes de plantas. Neste campo de traballo tamén desenvolve a súa actividade na Asociación Galega de Onomástica (AGOn, onde xa colaborou na organización de dous congresos internacionais) e na Comisión de Toponimia, encargada oficialmente pola Xunta de Galicia de fixar as formas escritas dos topónimos de Galicia. Como docente, impartiu cursos de galego para emigrantes en Basilea e de lingua e literatura galegas en Salvador na Universidade Federal da Bahia, (Brasil), e na actualidade é profesor na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.
En 1997 tivo un grave accidente automobilístico que o fixo estar un mes en coma e, posteriormente, sete meses hospitalizado en cama. Co trauma do accidente aínda fresco na retina e na mente, Gonzalo Navaza recibiu numerosos premios.
No ano 2012 incorporouse á Real Academia Galega como académico correspondente.[1][2]
Obra [editar]
Poesía [editar]
- Fábrica íntima, 1991, Galaxia.
- A torre da derrotA, 1992, Xerais (poemario en versos palíndromos).
- Libra, 2000, Galaxia.
Narrativa [editar]
- Erros e Tánatos, 1996, Xerais.
- Elucidario, 1999, Xerais.
- Santos e defuntos, 2001, Xerais.
Ensaio [editar]
- Reboreda: os camiños da identidade, 2000, Sociedade Cultural de Reboreda.
- Fitotoponimia galega, 2006, Fundación Barrié.
- Toponimia de Catoira, 2007, Concello de Catoira.
Traducións [editar]
- A chamada da selva de Jack London, 1982, Xerais.
- Robinson Crusoe, de Daniel Defoe, 1986, Xerais.
- Mitos da antiga Grecia, de Robert Graves, 1989, Xerais.
- As cousas (unha historia dos anos sesenta), de Georges Perec, 1991, Edicións do Cumio.
- As flores do mal, de Charles Baudelaire, 2008, Galaxia.
Edicións [editar]
- Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro, 1990, Xerais.
- Dun tempo e dunha terra, de Celso Emilio Ferreiro, 2012, Tambre.
Obras colectivas [editar]
- Sherlock Holmes, detective, de Arthur Conan Doyle, 1985, Xerais. Tradución e edición con Francisco Bedoya.
- Diccionario Xerais da lingua, Xerais.
- Pequeno diccionario Xerais da lingua, Xerais.
- O can dos Baskerville, de Arthur Conan Doyle, 1987, Xerais. Tradución con Marisa Méndez Anta.
- Diccionario Xerais castelán-galego de usos, frases e sinónimos, 1990, Xerais.
- Diccionario Xerais de sinónimos, termos afíns e contrarios, 1995, Xerais.
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
- Xesús Ferro Couselo: a cultura dos devanceiros, 1996, Xerais. Con Xosé Ramón Pena.
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
- Narradio: 56 historias no ar, 2003, Xerais.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- Poetas e Narradores nas súas voces. Volume 2, 2006, Consello da Cultura Galega.
- Actas do I Congreso Internacional de Onomástica Galega "Frei Martín Sarmiento": Santiago de Compostela, 2, 3, e 4 de setembro de 2002, 2007, Asociación Galega de Onomástica.
- Dix-sept poètes galiciens 1975-2000 = Dezasete poetas galegos 1975-2000, 2008, Universidade da Coruña.
Premios [editar]
- Premio Eusebio Lorenzo Baleirón no 1991, por Fábrica íntima.
- Premio da Crítica Española no 1991, por Fábrica íntima.
- Premio Arcebispo San Clemente na categoría de novela en lingua galega no 1998, polo seu libro Erros e Tánatos, no mesmo ano en que o Nobel de Literatura portugués José Saramago gañou o premio na categoría de literatura estranxeira.
- Premio Martín Codax no 2000, por Libra.
- Premio da Crítica Española no 2000, por Libra.
- Premio da Irmandade do Libro no 2012.
Notas [editar]
- ↑ "A universidade estréase na Real Academia Galega cun 'triplete'". Diario da Universidade de Vigo. Consultado o 20 de xullo de 2012.
- ↑ Listaxe de académicos correspondentes da Real Academia Galega. Páxina web da RAG. Consultado o 20 de xullo de 2012.