José María Acuña López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José María Acuña López
Medalla Castelao Galiza Spain.png
José María Acuña López
Mariñeiros nos xardíns do Castelo de Soutomaior
Nacemento: 4 de abril de 1903
Salcedo, Pontevedra
Galicia Galicia
Falecemento: 4 de xuño de 1991
Vigo, Galicia Galicia
Ocupación: Escultor

José María Acuña López, nado en Salcedo, Pontevedra, o 4 de abril de 1903 e finado en Vigo o 4 de xuño de 1991, comunmente citado como Acuña, foi un escultor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Peregrino loitando contra o vento,
en Pedrafita do Cebreiro.

Fillo dun ferreiro e membro dunha familia humilde de oito irmáns, el e outros tres eran xordos de nacemento. Estudou Belas Artes na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, en Madrid, cunha bolsa da Deputación de Pontevedra. Foi discípulo de Francisco Asorey.[1] Traballou na Cerámica Celta de Pontecesures e desenrolou unha importante labor docente, coma profesor de debuxo, modelaxe e talla, no Colexio Rexional de Xordomudos de Santiago, do que fora alumno.

Fixo de Galicia, os seus cidadáns e os seus costumes o tema central da súa creación. Entre as súas obras máis coñecidas destacan as de peregrinos, coma as do Monte do Gozo e San Caetano, Santiago de Compostela.

Premiárono coa Medalla de Prata ao Mérito no Traballo en 1973[2] e a Medalla Castelao no ano 1990.[3] O CEIP Escultor Acuña de Coia, Vigo, centro de referencia para a integración de alumnado con discapacidade auditiva,[4] así como rúas nas cidades de Pontevedra e Vigo, levan o seu nome.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José María Acuña López

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]