Arturo Casas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arturo Casas Vales, nado na Coruña o 21 de febreiro de 1958, é un teórico da literatura licenciado en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa, ademais de doutor en Filoloxía Hispánica, poeta, tradutor e ensaísta.

Índice

[editar] Traxectoria

Como investigador ten atendido varios campos, entre os cales se atopan a obra de Rafael Dieste e os seus núcleos de acción cultural e política, o pensamento estético-literario contemporáneo, a teoría do poema, a intervención e o acto críticos, os estudos sistémicos, a metodoloxía da Historia literaria e a poesía do século XX, con especial atención á galega nos períodos 1916-1936 e 1976 en adiante. Actualmente imparte clases de Teoría da Literatura e Literatura Comparada na USC.

Foi membro fundador e primeiro director do Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes, (CIPPCE), constituído por oito grupos de investigación da USC. É membro do Comité de Coordinación da rede internacional Poetics of Resistance. Co Grupo Alea de Análise Poética (GAAP) e o Consello da Cultura Galega activou a base de datos e repositorio dixital poesiagalega.org, centrado no estudo da poesía galega dos séculos XIX a XXI. Coordina grupos de traballo sobre poesía non lírica en perspectiva teórico-comparada e sobre a innovación da Historia literaria galega. É membro da Sección de Crítica literaria da AELG.

Entre setembro de 2008 e setembro de 2009 mantivo aberto o blogue Marxesdetexto. É un dos autores da base de datos do dicionario de termos literarios do Equipo Glifo.

[editar] Obras en galego

[editar] Poesía

[editar] Ensaio, investigación e crítica literaria

[editar] Aforismos

  • Futurario 2011 (Aforismos neopoéticos in modo antico) (2011, publicado en internet).

[editar] Traducións

  • Vello ceo nórdico. Antoloxía da poesía estonia contemporánea. Edición trilingüe estonio-galego-inglés. Monografías do Boletín Galego de Literatura [1], Universidade de Santiago de Compostela, (2002). Edición en colaboración con Jüri Talvet.
  • Pluriversos: Seis poetas irlandesas de hoxe. Edición bilingüe inglés-galego ou gaélico-galego ao coidado de Manuela Palacios. Follas Novas Edicións. Colaboración do Ireland Literature Exchange/Idirmhalartán Litríocht Éireann, col. Libros da Frouma, 2003. Tradución en colaboración con Manuela Palacios.

[editar] Obras colectivas

  • Comentarios de textos contemporáneos, (1992), Xerais.
  • Comentarios de textos populares e de masas, (1994), Xerais.
  • Tentativas sobre Dieste (1995), Sotelo Blanco.
  • Dicionario de termos literarios (A-D), (1998). Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en HumanidadesXunta de Galicia . Autoría conxunta do Equipo Glifo.
  • Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero. Tomo II (Literatura. Miscelánea), (2000, Universidade de Santiago de Compostela.
  • Dicionario de termos literarios (E-H), (2003). Centro "Ramón Piñeiro" para a Investigación en Humanidades - Xunta de Galicia. Autoría conxunta do Equipo Glifo.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, (2003), Espiral Maior.
  • Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, (2003), Consello da Cultura Galega.
  • Elementos de crítica literaria, (2005). Xerais. Colectiva.
  • DiTerLi. Base de datos do Dicionario de termos literarios, (2006), Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades - Xunta de Galicia . Dirección conxunta do Equipo Glifo.
  • Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. II), (2006), Consello da Cultura Galega.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, (2006), Difusora.
  • Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, (2008), Xerais.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, (2009), Difusora.
  • Lois Pereiro en 17 voces (2011, La Voz de Galicia).
  • Performing Poetry. Body, Place and Rhythm in the Poetry Performance (2011, Rodopi). En inglés e galego.
  • Resistance and Emancipation: Cultural and Poetic Practices (2011, Peter Lang (Oxford). En colaboración con Ben Bollig.
  • Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega), libro electrónico.

[editar] Obra en castelán

[editar] Investigación e crítica literario

  • La teoría estética, teatral y literaria de Rafael Dieste, (1997). Universidade de Santiago de Compostela.
  • La descripción literaria. Traza fenomenológica y semiótico-hermenéutica, (1999). Episteme.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas