Marcelo Macías
Marcelo Macías García, nado o 1 de xullo de 1843 en Astorga e falecido o 8 de marzo de 1941 en Ourense, foi sacerdote, profesor e doutor en filosofía e letras.
Índice |
Traxectoria [editar]
As súas mellores achegas producíronse no campo da arqueoloxía e a historia; a súa gran colección de moedas e os amplos coñecementos que sobre elas tiña convertéronno nun referente da Numismática na súa época.
Atribúeselle ser o impulsor definitivo da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense, ao comezar a edición do Boletín da Comisión Provincial de Monumento de Orense, nos meses de marzo-abril de 1898, contando coa colaboración de grandes intelectuais, como Arturo Vázquez Núñez, Benito Fernández Alonso e Nicolás Tenorio, aos poucos fóronse incorporando as colaboracións da práctica totalidade de personalidades da chamada "Atenas de Galicia" Manuel Martínez Sueiro, Fermín Bouza-Brey, Otero Pedrayo, Vicente Risco, Xocas, Cuevillas, etc.
Ingresou na Real Academia Galega o 4 de setembro de 1905.
Obras [editar]
Literarias [editar]
- Cartas a un Joven, estudios sobre la civilización moderna
- Nobleza Obliga (1885)
- El calendario de pared. Sátira política (1885)
- El toque del Alba (1885)
- Las Golondrinas (1870)
Poesía [editar]
- Una lagrima a la muerte de mi querido padre
- La flauta de Tirsis (1879)
- Cantar y morir, La Serena (1878)
Históricas [editar]
- La argolla del esclavo, (relata a historia dun escravo negro, comprado polo Concello de Ourense, o ano 1718, para desempeñar os oficios de trompeta, sayón e verdugo)
- Cronicón de Idacio (Versión castelá 1906)
- Civitas Limicorum (1904)
Publicacións no B.C.P.M. de Orense [editar]
- Suplementos a la Epigrafía Latina de Orense
- Nuevo Miliario romano de Rábade (1912)
- Inscripción de Pepín (1906)
- El Crismón o Monograma de Cristo en las monedas de Constantino el Grande y sus sucesores (1913)
- Fray Suero de Oca abad de Osera (1924)
- Turonium (1921)