Pilar Pallarés
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pilar Pallarés García, nada en Culleredo o 29 de abril de 1957, é unha poeta galega.
Índice |
[editar] Traxectoria
Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou en diversas revistas, como Grial, Coordenadas, Dorna, Nordés ou Festa da palabra silenciada. Tras a publicación do seu primeiro libro, Entre lusco e fusco (1980), converteuse nunha das voces poéticas máis importantes da poesía galega. Posteriormente publicaría as obras Sétima soidade (1984, Premio Esquío de poesía en 1983) e Livro das devoracións (1996). Ademais, ten colaborado en varias revistas con estudos de crítica literaria. Actualmente exerce de profesora de literatura galega no Instituto Ramón Menéndez Pidal da Coruña.
[editar] Obras
[editar] Poesía
- Entre Lusco e Fusco, (1980). Ediciós do Castro.
- Sétima soidade, (1984). Edicións da Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
- Livro das devoracións, (1996). Espiral Maior.
- Poemas, (2000). Universidade das Illas Baleares. Servizo de Publicacións.
- Leopardo son (2011, Espiral Maior).
[editar] Ensaio
- Rosas na sombra (a poesía de Luís Pimentel), (1991). Edicións do Cumio.
- Carballo Calero. Caderno didáctico, (1994). Concello de Ferrol.
[editar] Obras colectivas
- De amor e desamor. I. II, (1984 e 1985), Edicións do Castro.
- Rosalía de Castro: unha obra non asumida, (1985), Xistral.
- Desde a palabra, doce voces, (1986), Sotelo Blanco.
- Literatura galega do século XX, (1988), Vía Láctea.
- Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), (1990), Edicións do Castro.
- XIII Festival da Poesia no Condado, (1993), S. C. D. Condado.
- XIV Festival da Poesia no Condado, (1994), S. C. D. Condado.
- Los caminos de la voz: seis poetas gallegos de hoy, (1995). Diputación de Granada. Edición bilingüe galego-castelán, a cargo de Luciano Rodríguez Gómez.
- Rafael Dieste. Caderno didáctico, (1995). AS-PG.
- Construír a paz (1996), Xerais.
- Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas, (1997), Fundación Rosalía de Castro.
- Manuel Ponte Pedreira: a resistencia antifranquista na comarca de Ordes, (1997), Obradoiro de História.
- Alguén agarda que volva alí, (1998).
- Clásicos e modernos: tres leituras poéticas, (1999), Universidade da Coruña.
- Galician generation of the eighties: three poets, (1999), Universidade da Coruña.
- Poetas e narradores nas súas voces. I, (2001), Consello da Cultura Galega.
- Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, (2003), Tris Tram. Por Arturo Casas.
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, (2003), Fundación Araguaney.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, (2003), Espiral Maior.
- Son de poesia (2005), Edições Fluviais, Lisboa.
- Amor en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración dos 80, (2006), Baía Edicións. Edición de Maximino Cacheiro Varela.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, (2006), Difusora.
- Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000, (2008), Universidade da Coruña.
- Lois Pereiro en 17 voces, (2011), La Voz de Galicia.
[editar] Poemas en edición dixital
- Hai estratos distintos de vazio, (2002).
- Non coñezo, non sinto, non comprendo, (2002).
- Para que te serve essa cruel boca de fome?, (2002).
- Persisto, (2002).
[editar] Edicións
- Fillo de Eva (88 poemas de Carvalho Calero), (1992), Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
[editar] Premios
- Gañadora do Premio de Poesía O Facho no 1979.
- Premio Esquío de poesía no 1983, por Sétima soidade.